CURTOCIRCUITO 2018: JESSICA SARAH RINLAND: BALEAS E BALEAS

Na última edición de Curtocircuíto, Jessica Sarah Rinland gañaba o premio á mellor película da sección Explora con Ý Berá – Aguas de Luz. A categoría, cuxos xurados premiaran no pasado a nomes coma Tomonari Nishikawa ou Sebastian Mez, apostaba agora por unha cineasta presente en anteriores edicións de Curtocircuíto e cuxa obra adquirira un prestixio crecente tras o seu paso por festivais e despois de colaborar con institucións como o M.I.T, Harvard, a Locarno Filmmaker’s... Ler máis

KLOTZ E PERCEVAL: “TOURNEUR SEMPRE NOS INFLUÍU”

Nicolas Klotz e Elisabeth Perceval son dous vellos coñecidos deste xornalista, que puido entrevistalos por primeira vez en 2009 para Xornal de Galicia polo seu paso pola Coruña para unha retrospectiva no CGAI, pero tamén desta revista. En 2012 protagonizaron moi amablemente un dos primeiros vídeos dedicados a cineastas na sección Procesos, co motivo da presentación no festival de Xixón de Low Life (2011), película que recollía moi ben todo o descontento dunha xeración... Ler máis

FID MARSEILLE 2013: TEATRO E IMAXE

Esta crónica é a continuación doutra centrada nos aspectos performativos que imperaron na selección deste ano do FID Marseille. Varios filmes interrogáronse sobre as relacións entre o teatro e o cinema. (FOTOGRAMA: 'Trois strophes sur le nom de Sacher', de Chantal Akerman) Teatro Diciamos no anterior artigo sobre o FID Marseille que Gilles Grand programara unha das seccións máis coherentes do certame, ‘Choeur’. Outra das súas sesións serviranos para... Ler máis