A Cuarta Parede: Dez anos de crítica de cinema en galego

A Cuarta Parede cumpre hoxe dez anos, unha efeméride que non sería posible sen a colaboración de todas as persoas que encheron as páxinas da revista ao longo destes anos. Todas aquelas que, dende a súa fundación, achegaron o seu traballo e paixón para que este proxecto se convertese na realidade que é hoxe. Por iso, quixemos aproveitar a oportunidade para recompilar as voces de moitas das persoas que xogaron un papel fundamental na nosa historia, ben sexa dende a dirección,... Ler máis

INHERENT LEBOWSKI

Chego a casa, medio bébedo, medio canso, e aínda así sinto a necesidade de adicarche unhas palabras. Sen saber a que conclusión chegar, déixome guiar por unha escritura automática na que só a realidade saía a relocer, faltas ortográficas incluídas. Sobre o papel a caligrafía xoga coa borracheira mentres describo os teus peitos preciosos, curvos e firmes. Como intentando perfilar o teu corpo no caderno, a miña man xoga co bolígrafo e pinta varias liñas nun xeroglífico... Ler máis