IFFR 2013 (BONUS): GRANDES MESTRES… FUTUROS BRILLANTES

E chegamos ao final. Róterdam é moito máis que a súa Tiger Competition, é un punto de encontro para gozar do mellor cinema que deixa o ano anterior e pór as bases da programación de festivais que van celebrarse no ano en curso (probablemente máis pequenos) que veñen pescar aquí a finais de xaneiro para configurar parte das súas grellas. Ollo, porque non son os únicos. Tamén se achegan á cidade holandesa un bo puñado de distribuidores de prestixio, o que garante... Ler máis

IFFR 2013 (III): SURREALISMO, CRUELDADE E ANARQUÍA… AS CLAVES DO ÉXITO

Cales son as claves do palmarés perfecto? O de Róterdam é un dos festivais máis complicados neste sentido. Aquí non hai un único gañador, non hai premio para o segundo nin mencións especiais do xurado. No certame holandés entréganse tres galardoes idénticos, cada un co mesmo valor económico (15.000 euros). Este ano competiron por un “tigre” un total de 16 películas. Se se me permite dicilo, e se non tamén, moitas delas similares na súa maneira de abordar a... Ler máis

RÓTERDAM DÍA 1: DO “NUNCA DIGAS NUNCA” A “SEMPRE HAI UNHA PRIMEIRA VOLTA”

Gustaríame comezar esta crónica falando da miña viaxe, de aeroportos, de malos voos e outros sacrificios persoais polos que o crítico de cinema normalmente ten que pasar para chegar a puntos de encontro onde gozar (ou renegar) de novas e tentadoras propostas audiovisuais, pero non podo. Teño o luxo de vivir aquí. Esta é en efecto esa cidade cosmopolita e moderna da que todo o mundo fala, onde se fusionan unha gran variedade de culturas, de estilos e tendencias. Un modus... Ler máis