Un pequeño mundo, de Laura Wandel
Un pequeño mundo, de Laura Wandel © Avalon Resulta complicado dicir algo sobre unha película que fala tan ben por si soa. Que berra tanto de forma tan silenciosa, enquistándose a lume nas veas e facéndonos arder por dentro. Vólvese case innecesario dicir nada sobre ela por medo a estragala ou ferir a súa naturalidade. Non é unha película que poidamos pensar. Non nos dá tempo. É un torrente de incerteza e medos. Todo é mentira comparado cunha soa secuencia da inmensa... Ler máis
SEFF 2017: LAS NUEVAS OLAS (2)
A sección Las Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla é un dos principais motivos que colocan a este certame como un dos máis enérxicos e audaces do panorama internacional. Nesta segunda (e última) parte da nosa crónica intentaremos conectar algúns dos filmes nos que percibimos certas similitudes conceptuais. En moitas das obras presentes este ano puidemos observar que o ‘cambio’, nas súas diversas manifestacións, adoita ser o motivo que desencadea a narrativa.... Ler máis