PROCESOS #28: XISELA FRANCO

Xisela Franco (Vigo, 1978) é un dos referentes do cinema galego máis experimental. As súas obras, que combinan técnicas do cinema observacional máis puro ata a proxección sobre espazos ou corpos reais, teñen xirado por todo o mundo. Porén, Xisela é unha artista interdisciplinar que combina o cinema coas actividades docentes, entre as que destaca o proxecto de Mestrado 35.ESAV que, desafortunadamente, está actualmente nun impasse. Aproveitando a súa videoexposición... Ler máis

JEUNE ET JOLIE, de François Ozon

Resulta difícil superar con Jeune et Jolie a densa e brillante obra Dans la maison (2012), filme que lle outorga a François Ozon a Cuncha de Ouro en San Sebastián. O xogo entre realidade e ficción, drama e comedia, fan desta película unha obra mestra na que a través da relación dun profesor de literatura (Fabrice Luchini) co seu alumno (Ernst Umhauer) plásmase dun xeito apaixonante o feito mesmo de crear. Tras este guión hipnótico, turbulento e xenial, Ozon deixa as... Ler máis

RETAGARDA SOBREVILA: EPISTELMOLOXÍA, IRONÍA E CINEMA ESPAÑOL NOS ANOS 20

Podes ver El sexto sentido íntegro en Europa Film Treasures Nemesio Manuel Sobrevila (1889-1969) abandona a arquitectura e comeza a facer cine no 1927. Conta con algún financiamento propio e ten moi claras as ideas sobre como renovar o esclerótico cinema español da época. Coñecedor das vangardas europeas tralos seus estudos en París, non se conforma co mero traslado de tendencias, senón que desenvolve nos seus filmes completas reflexións sobre o cinema mentres mestura... Ler máis

ESTÁ DEUS CONVIDADO Ó APOCALIPSE?

“Cando todos desaparezamos non quedará ninguén aquí mais que a morte e os seus días tamén estarán contados. No medio da estrada, sen nada que facer e ninguén a quen facerllo. E dirá: Onde foron todos?” (1) Cormac McCarhty The Road DIVAGACIÓNS HUMANAS E DIVINAS NO OCASO DO MUNDO Vendo as diversas vertentes do cinema occidental apocalíptico programadas no recente Festival de Sitges, un podería pensar que Deus xa non ten vela no enterro do xénero humano. En efecto,... Ler máis

LE QUATTRO VOLTE de Michelangelo Frammartino

A velocidade do presente ten tendencia a esquecer os ritmos propios daqueles lugares arredados dos principais fluxos económicos mundiais, como é o caso do medio rural. A súa representación adoita dividirse entre un discurso positivo, centrado na nostalxia polas comunidades perdidas, fronte a outro negativo, onde se incide no atraso e no illamento destes espazos. Por exemplo, algúns documentarios, como El Cielo Gira (Mercedes Alvarez, 2004), evocan as paisaxes do rural como... Ler máis