(RE)DESCUBRINDO A JOHAN VAN DER KEUKEN

Agradezo antes que nada a paciencia dos directores de A Cuarta Parede con respecto a este artigo, co cal me comprometín hai xa un tempo. Ao mesmo tempo gustaríame darlles as grazas por ofrecer un espazo para reivindicar e dar a coñecer ao que considero un cineasta fundamental do século pasado no panorama europeo, e ao que, segundo a miña humilde opinión, non se lle ten tido na consideración que merecería. Mais, como todo nesta vida, esta valoración é subxectiva, porén... Ler máis

INDIELISBOA 2015 (II/III): ALMAS ERRANTES, EN ESTADO DE SUSPENSIÓN

Este artigo é a continuación dunha primeira crónica que se pode consultar aquí. ‘El complejo de dinero’ comunica ben o fastío dunha burguesía perdida. Na procura dunha identidade fracturada Igual de pijos e perdidiños andan os personaxes de El complejo de dinero (2015), que Juan Rodrigáñez presentou na pasada Berlinale. Baseada na novela anarquista Der Geldkomplex de Franziska zu Reventlow, coloca a un grupo de burgueses nunha finca dun lugar indeterminado... Ler máis

PROCESOS#23 – HUGO AMOEDO

“O único que vale é a acción” Hugo Amoedo (Redondela, 1987) semella non terlle medo a nada, agás a ficar quieto. É graduado en Xornalismo pola Complutense, pero tivo só un tímido contacto co mundo das redaccións. En 2010 marchou vivir aos Países Baixos e poderíase dicir que comezou a facer cine por amor, froito da súa relación coa estremeña María Pérez. Dende entón, xa non parou. Ambos os dous colaboraron para facer a curta Robin & Robin, que se proxectou... Ler máis