VITALINA VARELA, DE PEDRO COSTA

© NUMAX Distribución “Vitalina… Os meus sentimentos. Chegaches tarde, o teu marido está enterrado desde hai tres días. Aquí en Portugal non hai nada para ti. O seu fogar, non é o teu fogar. Volve á túa terra.” Pero Vitalina Varela non volve. Insiste en vivir na casa do defunto Joaquim, o home que a abandonou fai 25 anos. Desta sinxela premisa, a permanencia de Vitalina en Portugal tras descubrir que chegou tarde, co marido que a abandonou xa morto e enterrado,... Ler máis

CAVALO DINHEIRO, de Pedro Costa

A primeira vez que vin Juventude em Marcha (Pedro Costa, 2006) non me decatei de que había un flash-back ao pasado de Ventura como obreiro da construción no Portugal da Revolução dos Cravos. Estaba demasiado prendado da súa presenza, da música dos Tubarões, e sobre todo do xeito no que as Fontainhas mutaran en Casal da Boba como para reparar na dislocación temporal que propuña Pedro Costa. Algo debín sospeitar, iso si, cando vin que Lento morría non unha, senón dúas... Ler máis