CINEMA E EDUCACIÓN EN FRANCIA
Le aquí o texto na súa versión orixinal francesa Francia é aínda hoxe, indiscutiblemente e a pesar dunha recente regresión, o país onde existe a tradición máis antiga e a máis desenvolvida entre o cinema e o sistema educativo. As razóns son evidentemente históricas e políticas. É unha longa historia que se orixina na Segunda Guerra Mundial, onde os comunistas e os católicos combateron xuntos na Resistencia. Ao saír da guerra, pensaron que unha educación popular... Ler máis
MIA HANSEN-LØVE: «INTENTO FACER IMPRESIONISMO MODERNO»
Para Mia Hansen-Løve (París, 1981), ter actuado na súa tardía adolescencia en dous filmes de Olivier Assayas, un dos tótems do cinema francés contemporáneo, non era suficiente. Con 21 anos, foi redactora de Cahiers du Cinéma, plantando os seus estudos de intérprete. A súa formación humanística, cun máster en filosofía alemá, semellaba dirixila cara un terreo máis teórico, o das letras, que exercería non só como crítica, senón como cineasta, anos máis tarde.... Ler máis
CINEFILIA & CRÍTICA NA REDE: UN DEBATE DIXITAL (II)
O crítico non dita a lei, nin a moral, nin a estética. O que fai é pór en escena, mediante a súa escritura, o que desde o seu punto de vista púxose en xogo a partir da experiencia emocional que experimentou ante un ensamblaje formal, en tanto que esas emocións son susceptibles (ou non) de producir unha mellor construción do seu propio eu. Jean-Michel Frodon . O pasado 13 de maio publicabamos unha primeira entrega do debate dixital que mantivemos cos nosos colegas... Ler máis
CINEFILIA & CRÍTICA NA REDE: UN DEBATE DIXITAL (I)
En maio e xuño de 2006 Miradas de Cine publicou un completísimo dossier sobre crítica cinematográfica que analizaba, a través de máis dunha quincena de entrevistas e unha decena de artigos de opinión, “o estado das cousas” no mundo da crítica tralo primeiro lustro do novo século. Naquel amplo estudo, referencia indispensable para moitos dos cinéfilos hispanofalantes da era dixital, comezaba a atisbarse (aínda que aínda dun xeito tanxencial) unha das cuestións... Ler máis
«A CRÍTICA LOGRA QUE OS FILMES DEIXEN PEGADA»
Alain Bergala, mítico redactor xefe de Cahiers du Cinéma, cineasta e autor de numerosos libros, entre os que destaca Nadie como Godard (ed. Paidós), estivo no CGAI para falar do director de Film Socialisme, e nomeadamente deste filme; amais de presentar a súa última película, Víctor Erice: Paris-Madrid, allers-retours. A cinta, que forma parte da serie Cineastas do noso tempo, parte da exposición Erice-Kiarostami, correspondencias, comisariada polo propio Bergala para... Ler máis
GODARD EXPLICADO ÓS APÁTICOS
Aínda que non existan traducións dos libros de Antoine de Baecque e Richard Brody sobre o cineasta francés, o mercado editorial en lingua castelá prové unha mostra interesante de ensaios, estudos, monográficos e biografías consagrados á figura de Jean-Luc Godard. Se facemos un rápido e breve repaso a modo de mero ‘título informativo’, habería que destacar: Pensar entre imágenes. Conversaciones, entrevistas, presentaciones y otros fragmentos, editado... Ler máis
