20 ANOS DE FIRE!!

A Mostra Internacional de Cinema Gai i Lesbià de Barcelona cumpre vinte anos. FIRE!! é o primeiro festival de temática LGBT de Catalunya, creado polo Casal Lambda en 1995. Trátase dun encontro internacional destacado entre os festivais de cinema barceloneses coma no circuíto LGBT mundial. Vinte longametraxes de estrea, outras tantas curtametraxes, unhas bases de participación abertas, e un trato cara o público considerado, positivo e respectuoso, son algúns dos selos... Ler máis

L’IMAGE MANQUANTE, de Rithy Panh

Desque os Khmers Vermellos tomaron o control de Cambodia o 17 de abril de 1975, a vida do director Rithy Panh estivo marcada polo pasado e a actualidade do seu país natal. Documentalista tenaz, certeiro e renovador, Panh desenvolveu ao longo dos seus máis de vinte anos de traxectoria profesional unha ollada inquisitiva cara ao trauma e a súa posíbel representación fronte á cámara. Debedor do exhaustivo traballo de Claude Lanzmann en Shoah (1985), o interese do cambodiano... Ler máis