MELANCHOLIA, de Lars von Trier
ESCU(L)PIR (NO) TEMPO Díxoo o propio Von Trier: “Melancolía é a miña resposta cinematográfica a Sacrificio de Tarkovsky”. Evidentemente pouco crédito, máis aló da pura provocación, se lle pode dar a un tipo que manifesta na presentación da súa película que Hitler era unha boa persoa. Pero todo isto, no fondo, non son máis que ’boutades’, ruído de fondo anecdótico que non pode enmascarar unha realidade, que non é outra que estamos, probablemente,... Ler máis
DRIVE, de Nicolas Winding Refn
O ESCORPIÓN E A RA “Hai cen mil rúas na cidade. Se me dis o lugar e o momento, dareiche unha marxe de cinco minutos. Sen importar o que ocorra, durante ese cinco minutos son teu. Pase o que pase. Se sucede algo un minuto antes ou despois diso, quedas só. Compréndelo?”. As frases precedentes son pronunciadas polo protagonista de Drive en off mentres que en pantalla vemos como acepta un novo encargo. “E non poderás volver localizarme neste teléfono”, espeta ao seu... Ler máis
THE ARTIST, de Michel Hazanavicius
Dicía un dos máis grandes xenios que deu a sétima arte, Alfred Hitchcock, que “os actores son gando”. Que con esa mentalidade e non outra conseguise sacar tanto partido a aqueles que se atreveron a traballar con el é un milagre, sendo quizais Cary Grant o seu falso culpable máis recoñecible, un gentleman que cando se puña diante da cámara do realizador mudaba radicalmente de pose para vivir a súa personaxe, dun xeito moito máis natural ó acostumado no resto da... Ler máis
CANNES? QUE CANNES?
Hai anos en que boa parte dos asistentes ao Festival de Cannes acaban por preguntarse onde estaban as verdadeiras películas independentes. Pasou este. A sección oficial acapárana algúns dos autores máis reputados: Allen, Almodóvar, Malick, Von Trier. Si, mais, até que punto podemos considerar un filme de 30 millóns de dólares unha produción independente, máis cando, antes de comezar o festival, xa está vendido a todo o mundo? Non é só unha cuestión de orzamento,... Ler máis
LONGA VIDA Á CURTA: CURTAMETRAXES EN CANNES
Un dos maiores empeños do Festival de Cannes durante as súas últimas edicións foi o de estimular e apoiar a creación dos novos realizadores e avalar a exhibición e distribución da produción de curtametraxes. Con este propósito, na edición de 2011 a organización do certame decidiu axuntar forzas e integrar ao redor da Cannes Court Métrage dúas seccións que ata agora conviviran de modo independente, a Competición Oficial de Curtametraxes e o Short Film Corner. A... Ler máis
A VIDA ÚTIL
A RESPONSABILIDADE DA PROGRAMACIÓN NOS PRINCIPAIS FESTIVAIS INTERNACIONAIS «300 mil persoas participaron dunha celebración do mellor cinema independente do mundo, que concluíu este domingo cun saldo positivo dende todos os puntos de vista. Vendéronse 210 mil entradas, déronse 1083 funcións e proxectáronse 438 películas (100 curtas, 307 longas e 31 mediometraxes), coa participación de 300 invitados internacionais entre actores, directores, produtores e críticos dos... Ler máis
TOURNÉE, de Mathieu Amalric
Mathieu Amalric é un artista escindido: actor e director, francés e internacional, persoa e personaxe. A súa presenza en filmes de Arnaud Desplechin (Un conte de Noël, 2008; Rois et reine, 2004; Comme je me suis disputé… (ma vie sexuelle), 1996), Nicholas Klotz (La question humaine, 2007), Olivier Assayas (Fin août, début septembre, 1998) e mesmo Alain Resenais (Les herbes folles, 2009) situouno como o actor francés máis relevante da súa xeración, mentres que... Ler máis
EL NIÑO DE LA BICICLETA, de Jean-Pierre & Luc Dardenne
AS LUCES E SOMBRAS DESTE NOVO NENO O venres 28 de outubro estréase en España a última película de Jean Pierre e Luc Dardenne. Para estes irmáns belgas todo comezou realmente coa selección na Quincena dos Realizadores de Cannes e a concesión da Espiga de Ouro en Valladolid por La promesa (1996), terceira longametraxe de ficción na súa traxectoria logo da “aventura desafortunada” –palabras de Luc – de Falsch (1987) e Je pense à vous (1992), cuxos guións asinaron... Ler máis
ENTREVISTA A LUIS MIÑARRO
«A FUNCIÓN DO PRODUTOR É PRODUCIR TALENTO» · A produtora Eddie Saeta áchase no Passatge Permanyer, un dos recunchos máis intocados de Barcelona. Accédese a el a través dunha reixa de metal que dá paso a unha das poucas rúas empedradas da cidade nas que aínda soa o eco dos cascos dos cabalos. Un espazo moi cinematográfico. Despois, durante a entrevista, Luis contarame que as súas catro últimas producións son en certo xeito historias de pantasmas, de espíritos... Ler máis
LE PÈRE DE MES ENFANTS, de Mia Hansen-Løve
ELOXIO DUNHA CINEASTA DISCRETA · Actriz ás ordes de Olivier Assayas en Fin août, debut septembre (1998) e Les destinées sentimentales (2000), colaboradora dos Cahiers entre 2003 e 2005, a máis nova dos ‘novísimos’ do cinema francés, Mia Hansen-Løve -que coincidindo coa saída deste primeiro número de A Cuarta Parede celebra o seu trinta aniversario- conta xa con dúas longametraxes no seu haber como directora: Tout est pardonné (2007), premio Louis Delluc,... Ler máis
