Márgenes 2021: Diarios dun posible percorrido
Diarios de Otsoga (Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes, 2021) Asumir que, por moi apetecibles que parezan, por moi ben que ulan, os marmelos tamén acabarán apodrecendo esquecidos é unha das leccións vitais que levo deste Márgenes 2021. Unha lección que, entre outras, están agochadas dentro da fermosura que son os Diarios de Otsoga (2021) escritos a dúas mans entre Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes. Uns diarios que, como todos, non buscan recoller de forma metódica todo... Ler máis
NOVOS CINEMAS 2019: O AMOR DOS PEQUENOS
Fotografía: David Cruces Desde o seu nacemento hai catro edicións ata hoxe, Novos Cinemas consolidouse como un festival onde o amor polo cinema traspasa as pantallas. O equipo de programación, conformado por Suso Novás e Ángel Santos, escolle con coidado unha selección de primeiras ou segundas longametraxes para dar conta do que foi o ano. Unha selección que, aínda que involuntariamente, fala entre si sobre crises existenciais, crises amorosas, o colonialismo do turismo,... Ler máis
KIDLAT TAHIMIK: “SON UN CONTADOR DE HISTORIAS CON MOITAS IDEAS QUE QUERO CONTAR”
Fotografía: Tamara de la Fuente Kidlat Tahimik (Baguio, 1942), considerado o pai do cinema independente filipino, foi un dos grandes convidados do XV Festival Internacional de Cinema Play-Doc. O seu cinema, sempre cargado dunha forte crítica ao capitalismo e ao colonialismo, aproveita as ferramentas do humor para cambiar o mundo. O seu carácter, fai xustiza ao seu cinema. Mentres fala, intercala anécdotas e bromas nun discurso que se abanea entre o inglés e o castelán (as... Ler máis
KIDLAT TAHIMIK, MESTRE DE CINEMA
A política internacional do pasado século estivo protagonizada, alén de Guerras Mundiais, por un proceso de descolonización das nacións occidentais en África, Asia e América Latina. Filipinas é un dos países que, primeiro a mans dos españois, despois dos ianquis e dos xaponeses sufriu diversas invasións. Por iso, non é de estrañar que Kidlat Tahimik (Baguio, 1942) faga do colonialismo o seu campo de traballo. O considerado “pai do cinema filipino” é un dos convidados... Ler máis
A NATUREZA EN LOVELESS
Tras xa case dous anos da súa estrea en festivais, Loveless (2017) do director ruso Andrey Zvyagintsev, é unha desas películas que saben calar no espectador e adentrarse na súa moral. A película fala con frialdade e dureza dunha relación sustentada sen amor, a punto de romperse e das consecuencias que iso trae aos tres membros que conforman esa familia. É unha crítica á condición humana do individualismo e á deshumanización colectiva dunha sociedade rusa que, segundo... Ler máis
LAZZARO FELICE, de Alice Rohrwacher
LÁZARO O RESUCITADO NA CAVERNA DE PLATÓN [crítica con spoilers] Lazzaro vive xunto aos seus paisanos na vila de La Inviolata, un ambiente moi rural onde se traballa a terra ata a extenuación e onde el semella ser o último branco nunha longa cadea de explotación que comeza polas malas formas dunha marquesa que parecese sacada dun conto dos irmáns Grimm. O rapaz non é moi espelido, é un deses parvos sabios e, carecendo de miolo, desborda bondade e candidez. Diríase que... Ler máis
VÍCTOR MORENO: “GUSTÁBAME A IDEA DE ABRIR CON FORZA O CORPO DA CIDADE E ATOPAR NO SEU INTERIOR A ALMA”
Víctor Moreno (Tenerife, 1981) é máis coñecido por ser o responsable de Edificio España (2012) documental que o banco Santander intentou censurar. O seu cinema explora espacios urbanos coa capacidade analítica dun bo observador. A súa ollada desestrutura os espazos e ás persoas, conseguindo filmar imaxes que permanecen ocultas para o ollo no día a día. Víctor presentou, dentro da Sección Oficial do Festival de Sevilla, o seu novo filme La ciudad oculta (2018), unha... Ler máis
A FÁBRICA DE NADA, de Pedro Pinho
Sabemos o que non queremos: nin demagoxia, nin desposesión. Non queremos un capital que esvaeza de súpeto deixando un ronsel de traballadores desempregados e fábricas abandonadas, nin que nolo conten unha e outra vez do mesmo xeito, coa mesma mecánica oxidada. Os camaradas da produtora Terratreme son os primeiros que non queren filmes resesos. Teñen unha historia: unha fábrica autoxestionada que sobreviviu á fuga dos seus patróns, nos tempos da Revolución dos Cravos.... Ler máis
DOMINIC GAGNON: O FINAL DUN SISTEMA
Dominic Gagnon paséase coas súas gafas escuras polo café do Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Viu presentar os seus filmes como parte dunha retrospectiva que inclúe tamén unha carte blanche. O canadense semella un rockeiro, malia que isto é xa unha percepción persoal. O seu labor é case arqueolóxico. A súa busca consiste na acumulación de material atopado en internet, posteado por ‘neo-cineastas civís’, se adaptamos eiquí a Pasolini, para... Ler máis
SEFF 2014: UN PANORAMA DIVERSO
Nunha selección na que non se advirten tendencias claras nin ningunha conexión evidente entre os filmes da sección oficial, alén de ofrecer un panorama do cinema europeo de autor de 2014, preferimos facer un repaso ao palmarés e comentar outros filmes que puidemos ver na nosa estancia en Sevilla. Deberiamos comezar por Turist (Ruben Östlund, 2014), Giraldillo de Oro e mellor guión, pero dáse a casualidade de que é das que nos faltou por ver. Como consolación, si podemos... Ler máis