CURTOCIRCUITO 2016: A VOLTAS COA IDENTIDADE

Fotografía: Curtocircuito Atopar a identidade non é sempre un proceso de diferenciación. Moitas veces trátase de aprender a convivir coa nosa verdadeira personalidade, descoñecida ou ocultada para non caer baixo o xuízo dunha moral caduca. Outras, a identidade é o conxunto dun traballo social onde cada persoa aporta un grao de area. Mais a identidade tamén pode ser o paso final dun proceso de creación; o resultado dunha imaxe que se leva artellando paso a paso durante... Ler máis

MISS LEDYIA, de José Gil

O pasado 4 de marzo, o Teatro Principal de Pontevedra acolleu o 100 aniversario de Miss Ledyia, primeira película de ficción galega, rodada no 1916 por José Gil. Un século atrás, tamén na cidade de Pontevedra, a equipa da película inauguraba unha nova senda da cultura galega na que os éxitos e a fama internacional chegaría cos anos posteriores. O presidente da Academia Galega do Audiovisual Carlos Ares, rodeado pola habitual comitiva de autoridades que acompañan a este... Ler máis