O ESPECTÁCULO DA VIDA

O relato vai, volve, muta, non hai xeito de tiralo da cabeza: temos a estrutura narrativa marcada a lume no pensamento, na nosa propia linguaxe. Cada vez que tentamos artellar dúas frases, dúas ideas ou mesmo dúas imaxes creamos ligazóns que, sumadas, van cara algures. Pasada a fase heroica modernista, na que os artistas exploraron os límites do discurso e da linguaxe (pensai en Beckett, pensai na dificultade de entender as súas obras e na fascinación que producen), a... Ler máis

PERPETUUM MOBILE, de Nicolás Pereda

Grazas aos criterios inclusivos dos seus programadores, a décima edición do Play-Doc de Tui ofreceunos unha completa retrospectiva da traxectoria do cineasta Nicolás Pereda. Agora ben, se aceptamos que a obra deste mexicano non é documental per se, talvez esteamos a crear un incómodo baleiro taxonómico que nos empurrará a definir que é entón o que fai este realizador, camiñando entre incómodas aclaracións sobre a non ficción e os xéneros híbridos. Si, utiliza métodos... Ler máis