O XIGANTE DA CAPITAL

O Festival Documenta Madrid forma sen dúbida, canda o Punto de Vista de Pamplona e o Doc Lisboa, a tríada de grandes acontecementos documentários da península, co permiso do Play-Doc galego. Ese circuíto, que se amplía cara Europa co FID Marseille, o Cinéma du Réel de Paris e a Viennale entroutros eventos, dálle visibilidade cada tempada a un feixe de títulos que permiten repensar a relación entre o cinema e o real amais de rescatar un canon sempre fuxidío: de non... Ler máis

CAVE OF FORGOTTEN DREAMS, de Werner Herzog

Herzog era a miña gran esperanza para co 3D, e malia que intento desesperadamente convencerme de que existe unha verdadeira xustificación artística para esta elección, non a atopo por ningures. Non é que aborreza esta febre con ínfulas de orixinalidade, sinxelamente non me achega nada novo. Ao fin e ao cabo, trátase dunha estratexia de marketing máis ben baleira e simplona, e mestre dos gimmicks só houbo un. A ver se superamos dunha vez todo este asunto do 3D, que xa... Ler máis