DESENGUEDELLANDO O FELLINIANO
O CGAI dedicará durante as vindeiras semanas unha retrospectiva completa da obra de Federico Fellini, que comeza esta mesma tarde coa proxección de I vitelloni (1953). Así, con motivo de (e como complemento a) este ciclo, organizado en colaboración con Donostia Kultura, a Filmoteca de Valencia e a Filmoteca de Navarra, analizamos neste artigo o monográfico que dedica a Colección Nosferatu ao legado xenio italiano. Este volume, impulsado pola propia institución cultural... Ler máis
BERTRAND BONELLO: O CINEASTA NA CORDA FROUXA
No cinema de autor francés contemporáneo poden percibirse con forza dúas correntes predominantes; por unha banda está a da beleza (herdeiros de segunda e terceira xeración da Nouvelle Vague, coma Philippe Garrel ou Mia Hansen-Løve) e por outro a da fealdade (os ‘enfants terribles’ do movemento coñecido como New French Extremely). Evidentemente, como sucede con todos os conceptos opostos, estas dúas formas de entender o cinema relaciónanse e compleméntanse... Ler máis
OS FESTIVAIS FRONTE A REVOLUCIÓN DO NOVO PÚBLICO
Cineuropa analiza no seu 25º aniversario os desafíos das mostras ante un “cambio de paradigma” provocado pola transformación da difusión do cinema, a madurez cinematográfica dos espectadores e a crise económica. “Para que ten que servir un festival? Para ver boas películas, si. Pero hoxe en día, para ver boas películas, hai moitas maneiras. Agora, hai moitísimos cinéfilos ben formados e informados con acceso case inmediato a calquera filme. Os festivais non poden... Ler máis
ENTREVISTA A BILL MORRISON
«OS FILMES DESCOMPÓÑENSE, PERO AS IDEAS SEGUEN IMPRESAS NELES» · Bill Morrison, un dos grandes do cinema experimental contemporáneo (moitos consideran o seu filme Decasia a obra mestra das películas de vangarda), visitou o CGAI a inicios de outubro, como adianto da programación da IV Mostra de Ciencia e Cinema (do 24 ao 28 de outubro, na Coruña). Alí presentou Spark of Being, adaptación do Frankenstein de Mary Shelley a partires de metraxe de arquivo, xunto a unha... Ler máis
ENTREVISTA A JOSÉ LUIS GUERÍN (Parte II)
«PARA MIN FOI MÁIS BENEFICIOSO IMAXINARME O ‘UNDERGROUND’ QUE DESPOIS COÑECELO» · Segunda parte da entrevista con José Luis Guerín, máis centrada en La dama de Corinto, Correspondencias e no seu próximo proxecto. Interrompemos a anterior en medio dunha resposta na que recordaba a súa mocidade. Neses anos, a miúdo imaxinaba as películas a través dos fotocromos que observaba nas vitrinas dos cines. A conversa continuou así: «Retomei esta idea a... Ler máis
ENTREVISTA A JOSÉ LUIS GUERÍN (Parte I)
«ESTIMÚLAME OUTORGAR VALOR SEMÁNTICO ÁS PEGADAS DUNHA PAISAXE» · José Luís Guerín, un dos realizadores esenciais do cinema español contemporáneo, autor de películas como En construcción (2001) ou En la ciudad de Sylvia (2007), visitou o pasado 24 de xuño o CGAI para impartir unha clase maxistral e presentar o seu último filme, Guest (2010). A conversa que mantivemos con el céntrase neste e nos seus dous traballos máis recentes. Por unha banda, a correspondencia... Ler máis
ENTREVISTA A LUIS MIÑARRO
«A FUNCIÓN DO PRODUTOR É PRODUCIR TALENTO» · A produtora Eddie Saeta áchase no Passatge Permanyer, un dos recunchos máis intocados de Barcelona. Accédese a el a través dunha reixa de metal que dá paso a unha das poucas rúas empedradas da cidade nas que aínda soa o eco dos cascos dos cabalos. Un espazo moi cinematográfico. Despois, durante a entrevista, Luis contarame que as súas catro últimas producións son en certo xeito historias de pantasmas, de espíritos... Ler máis
