Mamasunción. Na xénese dun novo cinema galego

VI Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual Premio ao Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego: Mamasunción. Na xénese dun novo cinema galego, de Manuel Barreiro. O xurado destacou “a coidada aproximación ao contexto de creación da curtametraxe de Chano Piñeiro e o tecido dunha reflexión que transita pola proposta discursiva e formal da peza para analizar á súa pegada na actualidade do cinema galego”. Sexamos honestos. Todo é política. O... Ler máis

ATRAVESADAS POLO CINEMA

Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A muller é un cristal atravesado por unha patria. (Lupe Gómez) Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos escenas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa están a piques de colocar Galiza na constelación cinematográfica da época. Tres filmes como tres... Ler máis

SEMPRE XONXA, de Chano Piñeiro

 O nacemento dunha nación  Escribo isto porque un día por gmail chegou o encargo de apañar “unha crítica de Sempre Xonxa, pero é difícil sacar adiante unha crítica de Sempre Xonxa, trinta anos despois, sen sentir que nos dedos latexa un pulso de impertinencia; unha certa gravidade. Pero niso estamos. O que vén agora non é tanto unha crítica como unha sucesión bardalleira de reflexións breves e nebulosas que dan voltas alporizadamente ao redor dunha rotonda –sendo... Ler máis

Número 42

30 anos atrás, Vigo era o epicentro do que se deu en chamar o “nacemento do cinema galego”. Sempre Xonxa, Continental e Urxa protagonizaban unha xornadas cinematográficas baixo o nome Cinegalicia; xornadas apoiadas por unha política cultural autonómica onde o cinema ocupaba un lugar chave. O evento deu paso á efeméride, e esta deu paso a unha celebración que cada 5 anos era motivo de exposicións ou proxeccións dos filmes participantes. Unha efeméride que,... Ler máis

CINEGALICIA 2019

Imos facer trinta anos dentro de pouco. Hai xente que cre que é un aniversario algo traumático que celebrar: había aquel dito da contracultura dos anos sesenta que recomendaba non fiarse de ninguén de máis de trinta, pero daquela a xente de máis de trinta probablemente estaba xa pagando hipotecas e criando bebés. Nós somos máis ben o que La Voz de Galicia describiu nun dos seus delirios como “adolestreinta”, e se cadra estamos escorrendo un pouco o vulto dedicándonos... Ler máis

A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO

O cinema galego é un concepto fuxidío, escorregadizo, múltiple e ambiguo. Sempre hai debates para definilo, e mesmo pelexas: dunha banda, hai quen considera que os únicos filmes que poden considerase galegos son aqueles filmados en Galiza e en galego, por cineastas do país, e financiados con capital autóctono; mentres que doutra banda hai quen chama galego a calquera filme rodado por un cineasta local dentro ou fóra de Galiza, ou por cineastas de calquera procedencia que... Ler máis

Un canon para o cinema galego

Cales son os filmes máis relevantes da historia do cinema galego, aqueles que poden crear unha tradición, unha liñaxe, un fío que vaia unindo títulos de distintas épocas e estilos até conformar un canon do que poidamos sentirnos fachendosos? Cales son entón esas obras que espertan a nosa admiración como espectadores, e que mesmo poden servir de inspiración aos cineastas do presente e do futuro? Calquera libro de historia do cinema responderá a estas preguntas cunha... Ler máis

VOTACIÓN FILMES GALEGOS

8 Puntos Vikingland (Xurxo Chirro, 2011) 6 Puntos Galicia (Carlos Velo, 1936; remontaxe de Margarita Ledo, Ramiro Ledo e Pablo Cayuela, 2011) Mamasunción (Chano Piñeiro, 1984) Arraianos (Eloy Enciso, 2012)  5 Puntos Montaña en sombra (Lois Patiño, 2012) 4 Puntos O carro e o homen (Antonio Román, 1940; sonorización de Eloy Lozano, 1980) Paris #1 (Óliver Laxe, 2008) 3 Puntos 1977 (Peque Varela, 2007) Eclipse (Alberte Pagán, 2010) Todos vós sodes capitáns... Ler máis

VOTACIÓN CINEASTAS GALEGOS

8 Puntos Xurxo Chirro 7 Puntos Óliver Laxe Chano Piñeiro 6 Puntos Eloy Enciso Alberte Pagán Lois Patiño Carlos Velo 4 Puntos Antonio Román Peque Varela 3 Puntos José Ernesto Díaz-Noriega Ángel Santos Touza Xavier Villaverde 2 Puntos Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas Mario Iglesias Ramiro Ledo Cris Lores Paco Rañal Sandra Sánchez 1 Punto Valentina Alonso, Lucía Calvo e Alberte Mera Carlos Álvarez-Ossorio Usúe Arrieta e Vicente Vázquez Xavier... Ler máis