My Mexican Bretzel, de Nuria Giménez Lorang
“Que é a realidade senón unha reconstrución continua e infinita?”, formula un descoñecido Paravadin Kanvar Kharjappali durante o transcurso de My Mexican Bretzel. A recentemente estreada ópera prima de Nuria Giménez Lorang non refuta as súas costuras fílmicas; tan só semella agochalas tras o envoltorio dun melodrama intimista, que non deixa de remitir á obra de Margerite Duras, sobre a vida dunha parella europea de clase alta entre as décadas dos 40 e 60 do século... Ler máis
AS VOCES MARKER
Un dos elementos máis fascinantes da obra de Chris Marker é a súa capacidade para despregar unha enorme cantidade de recursos narrativos. Recursos que nacen en gran medida do interese de Marker en explorar a interrelación entre as imaxes. Sans Soleil de 1982 ou Le fond de l’air est rouge de 1977 son claros exemplos, aínda que probablemente onde levará ao extremo a súa capacidade de innovar coa linguaxe audiovisual será na súa obra multimedia. Como en Zapping... Ler máis
A POÉTICA DA MIRADA NA OBRA DE FRIEDL VOM GRÖLLER
Friedl vom Gröller presentando os seus filmes no CGAI. Foto: María Meseguer Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico – Con quen falas? – Co espectador 1. “Alá onde vou miro especialmente as caras da xente”. As palabras da propia Friedl Vom Gröller, en aparencia baladíes, din sen dicir moito máis do que nun primeiro momento puidésemos pensar. Nun primeiro momento. Quizais só consista niso, en pasar... Ler máis
SCOTT STARK: “QUERO QUE O ESPECTADOR SEXA CONSCIENTE DO PROCESO DA FILMACIÓN”
Foto: María Messeguer Baixo o nome ‘As regras do xogo’, a novena edición do (S8) Mostra de Cinema Periférico achega unha selección de filmes do director estadounidense Scott Stark. Os seus filmes caracterízanse por nacer dunha sorte de xogo de Scott co proceso da filmación/montaxe, obtendo resultados dispares que van desde a ironía de Probability (1985), a hipnose visual de Shape shift (2004) ou filmes máis abstractos e materiais coma Speechless (2008). Despois de... Ler máis
Procesos #28 – Xisela Franco
Xisela Franco (Vigo, 1978) é un dos referentes do cinema galego máis experimental. As súas obras, que combinan técnicas do cinema observacional máis puro ata a proxección sobre espazos ou corpos reais, teñen xirado por todo o mundo. Porén, Xisela é unha artista interdisciplinar que combina o cinema coas actividades docentes, entre as que destaca o proxecto de Mestrado 35.ESAV que, desafortunadamente, está actualmente nun impasse. Aproveitando a súa videoexposición... Ler máis
KEDI, de Ceyda Torun
Vén, belo gato, ao meu amoroso peito; retén as unllas da túa pata, e deixa que me afunda nos teu ollos fermosos Charles Baudelaire – As flores do mal A cotío pregúntome, para ver, quen son; e quen son no momento en que, sorprendido, en silencio, pola mirada dun animal, por exemplo, os ollos dun gato […] Jacques Derrida – O animal que logo estou se(gui)ndo Dúas linaxes de felinos conviven no panorama audiovisual contemporáneo. O primeiro provén de ilustres gatos... Ler máis
ACORDAR
acordar verbo transitivo 4. Ter na memoria. verbo intransitivo 6. Deixar de estar durmido. (Dicionario da Real Academia Galega) Videoensaio sobre Esquece Monelos (Ángeles Huerta, 2016) e La Jetée (Chris Marker, 1962). Dous filmes que tratan o tema das lembranzas coma parte central desde dous achegamentos totalmente diferentes. Esta peza trata de ser unha ponte que remarque as similitudes estéticas e narrativas que os dous filmes comparten. Read More
O FILME-ENSAIO SOBRE ARTE: DO DIÁLOGO ESTÉTICO AO ENSAIO FICCIONADO
O encontro entre o cinema e as artes visuais é recente, pero tardará varias décadas en volverse un diálogo efectivo; sucesivos tanteos irán facendo cada vez máis complexa a mirada do cineasta. Dentro deste proceso, o cruce entre o cinema sobre arte e o cine-ensaio, cada un cos seus desenvolvementos paralelos, coa súa fixación de ferramentas expresivas, suporá unha sorte de culminación para ambos campos: un pensamento estético en imaxes, expresado en primeira persoa,... Ler máis
FESTIVAL DE CINE INTERNACIONAL DE OURENSE 2016: O ANO DA RENOVACIÓN
Se ben é certo que o Festival de Cine Internacional de Ourense levaba vinte edicións detrás, esta vixésimo primeira edición foi tamén a primeira dunha nova lexislatura. Coma un político electo, agardo que me perdoe o insulto, Fran Gayo chegou aos mandos do festival cunha intención clara: reinventar o OUFF, pór o de dentro cara fóra e viceversa. Por iso, esta edición estivo marcada por unha forte aposta por un cine non só independente, senón un cine de autor. O festival... Ler máis
PEDRO COSTA: “UNHA DAS COUSAS QUE DESCUBRÍN É QUE ME SINTO MÁIS CÓMODO FILMANDO INTERIORES”
Fotografía: Óscar Orengo A primeira sensación que teño ao ver a Pedro Costa (Lisboa, 1959) tomando un café e mirando os libros de NUMAX é a de estar a piques de entrevistar a unha persoa pouco faladora, tímida. Recén chegado da preestrea do Cavalo Dinheiro en Madrid, entendo o cansancio e mentalízome para realizar todas as preguntas que traio anotadas. Entramos na sala e sentamos nas butacas da cuarta fila. Doce minutos despois de presionar o REC doume conta de que a... Ler máis