SEFF 2018: SECCIÓN OFICIAL
A sensación ao chegar a un gran festival é a de querer velo todo. Unha ollada ao horario amosa a grandísima variedade de opcións e filmes programados que, mentres non se resolva a posibilidade da ubicuidade, se solapan e contraprograman. Comeza aí o tetris de filmes tradicional, a selección de que ver e cando, que remata por derivar nunha experiencia única e persoal a cada un dos asistentes. Isto é o que pasa no Festival de Sevilla, unha cita que reúne nas súas máis... Ler máis
CANNES 2018 EP. 3: E AO TERCEIRO DÍA RESUCITOU… GODARD
E ao terceiro día resucitou. A sección oficial estaba morta e chegou Jean-Luc Godard para facernos crer. Había moita expectación con Le livre d’image (2018) por saber se se parecería máis a Histoire(s) du cinéma(s) (1988) ou á senda emprendida dende Film socialisme (2010), polo que se intuía que ía ter de crítica ao declive de Occidente visto dende o cinema, cunha edición de imaxes que nos fan reflexionar sobre a súa memoria como espello da historia do século... Ler máis