VANGARDISMO E IDENTIDADE, AVANT-GUTTER

EEUU, anos 60. Dada falta de diversidade na creación de fílmica, activistas universitarios poñen presión nas escolas de cine para que estas acepten máis estudantes de color. A Universidade de California en Los Ángeles (UCLA) introduce entón o programa ethno-communications, unha iniciativa que promove a admisión de estudantes non só negros, senon tamén latinos e asiáticos. Mais é especialmente destacable o número de realizadores negros que xorden desta iniciativa,... Ler máis

RESEÑA DE ‘CHARLES BURNETT. UN CINEASTA INCÓMODO’

Charles Burnett non che vos é ningún one-hit wonder, como proban a retrospectiva que lle adica este ano o festival Play-Doc e mais a publicación que leva emparellada: Charles Burnett. Un Cineasta Incómodo, editada por dous compañeiros desta revista, María Míguez e Víctor Paz Morandeira. Este volume, dunha banda, enche unha lagoa bibliográfica, xa que é a primeira monografía que aparece en castelán adicada a este cineasta; mentres que doutra, serve para pór aos cinéfilos... Ler máis

EQUIPA (30)

Charles Burnett é un dos nomes máis descoñecidos e relevantes do cinema independente estadounidense dos últimos corenta anos. A súa primeira longametraxe, Killer of Sheep (1977), é unha desas xoias ás que o cinéfilo atento chega logo de atopala en lecturas aquí e acolá. Pode que se cadra a vise listada entre o mellor da década dos setenta por Jonathan Rosenbaum, ou que vise unha das súas imaxes icónicas, sen saber moi ben a que filme se refería. Descubrir Killer... Ler máis