버닝 (BURNING), de Lee Chang-dong

Hai misterio, hai sospeita e, sobre todo, hai metáforas: da epifanía do sol reflectido nunha parede (o vello desexo de Edward Hopper) ao pesadelo dos invernadoiros en chamas (a manobra de distracción ideada por Haruki Murakami no relato que dá pé a este filme, ‘Queimar Invernadoiros’). 버닝 (Burning, Lee Chang-dong, 2018) é un traballo cheo de engados para o público, a quen lle corresponde dar continuidade á historia no seu maxín. Que son daquela eses invernadoiros?... Ler máis

YOURSELF AND YOURS, de Hong Sang-soo

Nunha entrevista, Hong Sang-soo dicía que o amor é o único que importa nesta vida aparte da cervexa [1]. Igual que sucede no namoramento, e igual que sucede despois dunhas cantas cervexas, Yourself and Yours (2016) é unha película dominada pola dúbida e a ambigüidade, e dende o aparentemente anecdótico acaba sendo, ou parecendo, un filme enormemente sabio sobre a identidade, sobre a nosa identidade cando bebemos alcol, e sobre a percepción que temos da identidade dos... Ler máis

아가씨 (THE HANDMAIDEN), de Park Chan-wook

A ollada fragmentada 아가씨 (The Handmaiden, 2016) supón o retorno do cineasta coreano Park Chan-wook logo da súa aventura americana. Se Stoker (Park Chan-wook, 2013) supuxo unha decepción para os seus seguidores ao ser un filme moi coidado no visual mais absolutamente baleiro, a súa nova longametraxe demostra que Park non estaba falto de ideas, senón que o ríxido sistema estadounidense non lle deixou desenvolver esa obra nos seus propios termos. De volta á industria... Ler máis

BUSÁN 2014 (I/II): A COLLEITA COREANA

O pasado outubro pechouse o 19º Festival Internacional de Cinema de Busán, o BIFF, en Corea do Sur. Nesta revista temos mencionado a maiúscula importancia deste evento, ao ser o maior festival de cinema de Asia. Aénfase está posta, primeiro, no cinema local, despois no cinema producido en Asia (o logo do festival é ‘BIFF, o centro do cinema asiático’), e por último no cinema mundial. Mais non sóde estreas, presentacións, visitas de directores e actores trata... Ler máis

KIM JEE-WOON: A VERSATILIDADE DO PATETISMO

– “Tiveches un pesadelo?“ – “Non“ – “Tiveches un soño triste?“ – “Non“, dixo o discípulo – “Tiven un soño agradable“ – “Entón, por que choras?” O discípulo respondeu con calma mentres secaba as súas bágoas: -“Porque o soño que tiven non pode facerse realidade?” A Bittersweet Life Director e guionista ecléctico, dispar e audaz, Kim Jee-woon podería ser catalogado... Ler máis

ENTREVISTA A NA HONG-JIN (‘THE YELLOW SEA’)

Recordade que podedes consultar a crítica da película, publicada no anterior número da revista.  Read More

ENTREVISTA A OH YOUNG-DOO

“TODAS AS MIÑAS PELÍCULAS FALAN DA VINGANZA”   Oh young-Doo (Corea do Sur, 1975) pertence ao grupo de cineastas que fan películas de zombies. Así de específico é a súa obra e así, tamén, de orixinal. O seu primeiro filme, Neighbour Zombie, tivo un rápido percorrido viral pola rede entre os amantes do xénero, e un importante recoñecemento en festivais e circuítos da industria. Proba disto foi o convite a presentar a súa ópera prima na edición de... Ler máis