TRINTA LUMES, de Diana Toucedo

Non poucas películas, en ocasións as mellores, parecen edificadas de forma máis consciente ou inconsciente a partir dunha soa imaxe, dando a entender que o misterio dun momento singular pode albergar no seu fondo toda unha estrutura fílmica desenvolta durante longos anos. Trinta lumes, ópera prima da experimentada montadora e curtametraxista Diana Toucedo, arrinca amosando unha batida nocturna no medio do bosque. Nese momento non sabemos nada da devandita procura alén dun... Ler máis

PROCESOS#17 – RAMIRO LEDO

Vídeo-entrevista que imita a escena máis longa de Vida Extra, de Ramiro Ledo. Un único plano fixo ao redor dunha mesa, no que existe asincronía nas voces e invertido para dificultar a identificación de quen fala. __________ Mudar de Imaxe / Imaxes de Mudanza En Changer d’image – Lettre à la bien-aimée (1982), unha curtometraxe de Jean-Luc Godard sobre a súa pasaxe por Mozambique como asesor do goberno de Samora Machel no proceso de creación da televisión pública... Ler máis

A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO

O cinema galego é un concepto fuxidío, escorregadizo, múltiple e ambiguo. Sempre hai debates para definilo, e mesmo pelexas: dunha banda, hai quen considera que os únicos filmes que poden considerase galegos son aqueles filmados en Galiza e en galego, por cineastas do país, e financiados con capital autóctono; mentres que doutra banda hai quen chama galego a calquera filme rodado por un cineasta local dentro ou fóra de Galiza, ou por cineastas de calquera procedencia que... Ler máis