LONDON FILM FESTIVAL 2014 (III / III): XAPÓN, MORTE E VIOLENCIA

A nosa crónica do certame londiniense, ofrecida en varias entregas, non podía concluír sen dar conta da presenza xaponesa na súa programación. Malia que as propostas máis novidosas xa se viran no Tokio International Film Festival –primeiro e principal escaparate da produción procedente deste país asiático– o London Film Festival reuniu algúns dos títulos máis emblemáticos de 2014. Iso si, botamos en falta a presenza dalgún filmes do Studio Ghibli, xa fose a... Ler máis

そして父になる (LIKE FATHER, LIKE SON), de Hirokazu Kore-eda

Até 2013, Hirokazu Kore-eda viviu á marxe do gran público xaponés. O seu cinema moveuse na fronteira, nos circuítos alternativos e, sobre todo, en Occidente e nos seus máis prestixiosos festivais cinematográficos. Se facemos unha breve revisión dos datos que os seus últimos filmes lograron en Xapón, descubrimos con asombro que as cifras son irrisorias: 歩いても 歩いても (Still Walking, 2008) obtivo 167.047 dólares, 空気人形 (Air Doll, 2009) 847.373, 奇跡... Ler máis