INFORME: CINECLUBISMO EN GALIZA

Unha sala de cinema, mediana. Cadeiras de veludo, pequenas, estreitas. Cores pasteis. O chan é de madeira, e renxe. Os espectadores escoitan a unha persoa falando fronte a eles. A pantalla está en branco, logo dunha proxección. A xente é nova. Leva cabelos longos. Hai moitas barbas na sala, moitos cigarros acesos e moito fume. É un cineclube. A imaxe mental que temos dun cineclube. Algo anacrónica, por certo, ancorada nos anos setenta. Un cineclube, porén, vén sendo calquera... Ler máis

O DEBATE DOS CINECLUBES (III): ACTIVIDADES, FINANCIAMENTO E MEDIOS TÉCNICOS

Cineclube Lumière Terceira e última parte do debate dixital sobre a situación actual dos cineclubes en Galiza e no Norte de Portugal entre Iván Cuevas (Cineclube de Compostela), Paulo Cunha (Cineclube de Guimarães), Mely López (Cineclube Lumière de Vigo), Marcos Nine (Cineclube da Illa de Arousa), Ricardo Paz (Cineclube do Carballiño) e Manuel Precedo (Cineclube Padre Feijoo de Ourense). Podedes ler a primeira parte aquí e a segunda parte aquí. 5. As Actividades ACP:... Ler máis

O DEBATE DOS CINECLUBES (II): PROGRAMACIÓN E PÚBLICO

Segunda parte do debate dixital sobre a situación actual dos cineclubes en Galiza e no Norte de Portugal entre Iván Cuevas (Cineclube de Compostela), Paulo Cunha (Cineclube de Guimarães), Mely López (Cineclube Lumière de Vigo), Marcos Nine (Cineclube da Illa de Arousa), Ricardo Paz (Cineclube do Carballiño) e Manuel Precedo (Cineclube Padre Feijoo de Ourense). Podedes ler a primeira parte aquí. 3. A Programación ACP: Cal sería o voso criterio de programación? Manuel... Ler máis

O DEBATE DOS CINECLUBES (I): FUNCIÓN E ORGANIZACIÓN

Cando o público espertou, os cineclubes seguían alí, alleos á dinámica de eventos, fornecendo aos espectadores dunha programación regular, porque o pracer de ver un bo filme ben acompañado non ten porqué depender do calendario. Os cineclubes son o pasado e o presente da cinefilia. Son un lugar onde atopar aos amigos nunha tarde calquera, nun lugar calquera. E son un feixe deles, cando menos en Galiza e en Portugal. Por iso, dende A Cuarta Parede, quixemos falar cos responsábeis... Ler máis

EQUIPA (31)

Os cineclubes son uns axentes perennes da cinefilia que teñen o valor de seguir reivindicando a dimensión colectiva e participativa do cinema. Nós somos os seus espectadores, e algúns mesmo estivemos detrás da súa programación nalgunha tempada, polo que é tempo adicarlles este novo número d’A Cuarta Parede. Queríamos saber como lles van as cousas nestes tempos de peche (nas nosas casas, co noso home cinema, coa nosa conexión á rede e a nosa suscrición a distintas... Ler máis