GLORIA, de Sebastián Lelio

“Gloria, Gloria, campo de sonrisas, Gloria, agua en el desierto, Gloria, corazón abierto…” Con esta canción do italiano Umberto Tozzi remata a historia ‘de amor’ do cineasta Sebastián Lelio sobre Gloria, unha muller chilena de 58 anos, separada dende hai máis dunha década, con dous fillos adultos e un traballo mortalmente aborrecido nunha oficina. Así, nunha primeira ollada, todo semella normal: unha muller madura, cabal e corrente. Mais, que é o que... Ler máis

POST MORTEM, de Pablo Larraín

Un dos meus poemas favoritos de Ángel González, titulado Muerte en el olvido, comeza cunha afectuosa e humilde confesión: “yo sé que existo / porque tú me imaginas”. O poeta ovetense, talvez pouco preocupado no seu namoramento pola “subxectividade individual autoconsciente” do cogito ergo sum cartesiano, admite o estéril de sabernos vivos se non existimos tamén na conciencia do próximo. Así, conclúe o seu poema recoñecendo: “pero si tú me olvidas / quedaré... Ler máis