버닝 (BURNING), de Lee Chang-dong

Hai misterio, hai sospeita e, sobre todo, hai metáforas: da epifanía do sol reflectido nunha parede (o vello desexo de Edward Hopper) ao pesadelo dos invernadoiros en chamas (a manobra de distracción ideada por Haruki Murakami no relato que dá pé a este filme, ‘Queimar Invernadoiros’). 버닝 (Burning, Lee Chang-dong, 2018) é un traballo cheo de engados para o público, a quen lle corresponde dar continuidade á historia no seu maxín. Que son daquela eses invernadoiros?... Ler máis

ON THE BEACH AT NIGHT ALONE, de Hong Sang-soo

Un dos textos máis fermosos que puiden ler este ano sobre a crítica de cinema é a transcripción do discurso que Roland Barthes adicoulle a Antonioni durante a homenaxe realizada ao cineasta na cidade de Bolonia. Nel, Barthes sinalaba as características que fan a un cineasta moderno e, en consecuencia, enumeraba tres virtudes que caracterizan a un verdadeiro artista: “a vixilancia, a sabedoría e a máis paradóxica de todas, a fraxilidade”. Aínda que o discurso ía dirixido... Ler máis

아가씨 (THE HANDMAIDEN), de Park Chan-wook

A ollada fragmentada 아가씨 (The Handmaiden, 2016) supón o retorno do cineasta coreano Park Chan-wook logo da súa aventura americana. Se Stoker (Park Chan-wook, 2013) supuxo unha decepción para os seus seguidores ao ser un filme moi coidado no visual mais absolutamente baleiro, a súa nova longametraxe demostra que Park non estaba falto de ideas, senón que o ríxido sistema estadounidense non lle deixou desenvolver esa obra nos seus propios termos. De volta á industria... Ler máis

BUSÁN 2014 (I/II): A COLLEITA COREANA

O pasado outubro pechouse o 19º Festival Internacional de Cinema de Busán, o BIFF, en Corea do Sur. Nesta revista temos mencionado a maiúscula importancia deste evento, ao ser o maior festival de cinema de Asia. Aénfase está posta, primeiro, no cinema local, despois no cinema producido en Asia (o logo do festival é ‘BIFF, o centro do cinema asiático’), e por último no cinema mundial. Mais non sóde estreas, presentacións, visitas de directores e actores trata... Ler máis

KIM JEE-WOON: A VERSATILIDADE DO PATETISMO

– “Tiveches un pesadelo?“ – “Non“ – “Tiveches un soño triste?“ – “Non“, dixo o discípulo – “Tiven un soño agradable“ – “Entón, por que choras?” O discípulo respondeu con calma mentres secaba as súas bágoas: -“Porque o soño que tiven non pode facerse realidade?” A Bittersweet Life Director e guionista ecléctico, dispar e audaz, Kim Jee-woon podería ser catalogado... Ler máis

BELEZA, VINGANZA E REDENCIÓN. O CINEMA DE PARK CHAN-WOOK

Con apenas unha manchea de filmes, Park Chan-wook (Seúl, 1963) espertou o interese de occidente hai máis dunha década cando gañou con Oldboy (올드보이, Park Chan-wook, 2003) o Gran Premio do Xurado do Festival de Cannes 2004, revelando así algo que xa era sabido no circuíto cinéfilo dende algúns anos atrás: que o cinema coreano supón un amplo territorio de creatividade e mesmo un melindre para a gran pantalla que debería terse moi en conta, sobre todo tendo autores... Ler máis

JEONJU 2013: FILMES COREANOS (2/2)

O JIFF preséntanos esta sección da seguinte maneira: “Korean Film Competition consiste en películas que buscan formas alternativas de abordar os códigos cinematográficos. Consiste en películas comerciais de baixo orzamento e tamén en filmes que non aceptan a estrutura formal da linguaxe cinemática ofrecendo, en cambio, visións cargadas de agresividade”. Á súa vez, máis da metade das películas seleccionadas nesta sección son ficcións melodramáticas moi reservadas,... Ler máis