DOMINIC GAGNON: O FINAL DUN SISTEMA

Dominic Gagnon paséase coas súas gafas escuras polo café do Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui. Viu presentar os seus filmes como parte dunha retrospectiva que inclúe tamén unha carte blanche. O canadense semella un rockeiro, malia que isto é xa unha percepción persoal. O seu labor é case arqueolóxico. A súa busca consiste na acumulación de material atopado en internet, posteado por ‘neo-cineastas civís’, se adaptamos eiquí a Pasolini, para... Ler máis

LE CONCOURS, de Claire Simon

A pesares de ter prendida a etiqueta de documentalista, Claire Simon vese a si mesma como cineasta, consciente, probablemente, da imposibilidade da obxectividade de quen encadra e escolle a imaxe. Se cadra por iso, en Le concours (2016), decidiu levar o aparato de rodaxe ao interior da prestixiosa escola de cinema La Fémis –onde ela mesma traballou como directora do departamento de realización entre os anos 2003 e 2014– para gravar aló as probas de acceso da 29ª promoción.... Ler máis

PUNTO DE VISTA 2017: A FAMILIA BEN, GRAZAS

O retrato familiar foi un dos xéneros máis presentes na sección oficial desta última edición do festival navarro. The Host (Miranda Pennell, 2015), Gran Premio Punto de Vista deste ano, fala, sen ir máis lonxe, da explotación británica do petróleo iraniano a partir da experiencia persoal da súa directora, que viviu parte da súa infancia no Irán dos anos cincuenta e sesenta como filla dun alto executivo da compañía British Petroleum (BP). O filme, composto case exclusivamente... Ler máis

DOC LISBOA 2016 (II / III): RETRATOS E CICATRICES

Segunda parte dunha crónica que comeza aquí A pegada do pasado no presente do territorio, ou a forma na que o presente convive coa acumulación de pasados, sobre todo cando estes foron traumáticos, estaba na orixe de varios filmes presentados na competición internacional, como Ismyrne (Joana Hadjithomas & Khalil Joreige, 2016), Atlante 1783 (Maria Giovanna Cicciari, 2016), The Sea is History (Louis Henderson, 2016) ou Mata Atlântica (Nicolas Klotz & Elisabeth Perceval,... Ler máis