O CINEMA DAS ATOCHAS

PROPOSTA PARA UN CICLO VIRTUAL · Dende 2008, e ata o pasado verán, A Coruña contou cun proxecto sociocultural que funcionou con total independencia das institucións da localidade herculina. A ‘okupada’ Casa das Atochas naceu con espírito confrontador, para provocar a reflexión sobre os modelos de propiedade da sociedade española, e a aceptación dun sistema que privilexia a vivenda como punto neurálxico da cultura do confort. Neste sentido, entenderon que a... Ler máis

VIKINGLAND, de Xurxo Chirro

Vikingland (2011) é a creación dun dos axentes culturais e artistas galegos, Xurxo Chirro (A Guarda, 1973), máis activos e, de distintos xeitos, persoal e influínte, nos últimos anos. Chirro ou Xurxo González aparece avalado por unha labor teórica e de xestión, incidencia e animación cultural institucional máis que consistente (experto na obra de Manoel de Oliveira; programador e creador en 2008 dun orixinal festival, o Filminho; mente pensante activadora das medidas... Ler máis

TRES RUMBOS E…UN DESTINO?

Nos festivais de curtametraxes, é habitual acabar farto de pezas con final enxeñoso, como se ese fose o quid da cuestión. A sorpresa, a chiscadela, o chiste, van na procura dos premios, e o cinema queda de lado. Non é o caso en Curtocircuíto, que na súa última edición demostrou que hai vida máis aló da anécdota visual con caras famosas. Tampouco renunciou ao documental e á animación, ausentes habituais nestas citas, e claros protagonistas do certame compostelán.... Ler máis

O CINEMA DE ÁNGEL SANTOS TOUZA

(1) Ángel Santos Touza (Marín, 1976) é un tipo discreto, pouco amigo de alardes. Pese aos eloxios que os observadores externos lle dedican ao seu traballo, amósase máis disposto a falar dos seus erros que dos seus acertos, baixo o impulso dun afiado perfeccionismo. É un implacable autocrítico, que o pasa mal ao sentarse a ver os seus filmes, xa rematados, pero iso non lle impide seguir a avanzar, na procura de facelo mellor, de chegar a crear algo co que estea verdadeiramente... Ler máis

O CINEMA DE MARCOS NINE

«SE ENTENDES AS CLAVES DA REALIDADE, SERÁ A TÚA ALIADA PARA CONTAR O QUE QUERES» ·  Marcos Nine (Illa de Arousa, 1977) é un tipo que esquiva as etiquetaxes. Escribiu guións para as series Mareas Vivas, Terras de Miranda e As leis de Celavella. Púxose por primeira vez detrás da cámara para relatar o desastre do Prestige en Carcamáns e, daquela, recibiu a única etiqueta que lle serve realmente, a de documentalista. No xénero do documental afondou con obras como... Ler máis

O CINEMA DE PEQUE VARELA

«CANTO MÁIS PERSOAL E HONESTA É A HISTORIA QUE CONTAS, MÁIS UNIVERSAL SERÁ»  · Peque Varela (Ferrol, 1977), galega afincada en Londres, escolleu para expresarse o camiño do cine de animación. Ten unha produción relativamente escasa ás súa costas, pero  todo o que saíu da súa sala de montaxe logrou cautivar á critica. A curtametraxe que  lle servíu como traballo de fin de carreira na Universidade de Westminster, 1977,  chegou a presentarse no Festival de... Ler máis