LA GRANDE BELLEZZA, de Paolo Sorrentino

Roma era unha festa Que La grande bellezza (Paolo Sorrentino, 2013), un mordaz retrato dos usos e costumes da jet set italiana en pleno ocaso da era de Silvio Berlusconi, fose financiada por Mediaset resulta cando menos curioso. Sobre todo porque Paolo Sorrentino non se queda á metade na súa embestida contra a plana maior do establishment romano: nobres vidos a menos (que se alugan para soirées), burgueses arribistas, intelectuais arrimados ao poder, artistas conceptuais (que... Ler máis

LA MIGLIORE OFFERTA, de Giuseppe Tornatore

A priori, a sinatura de Giuseppe Tornatore tería que ser un aval para La migliore offerta (2013), sobre todo cando este filme chega á carteleira en plena seca estival. Antes e despois da súa estrea mencionouse unha e outra vez o bo sabor de boca que deixara, hai xa un cuarto de século, Nuovo Cinema Paradiso (Giuseppe Tornatore, 1988); un sabor, que, para algúns rezumaba demasiado azucre, mais que daquela consagrou a Tornatore como unha nova promesa do cinema europeo. Tras... Ler máis

CESARE DEVE MORIRE, de Paolo e Vittorio Taviani

A FORMA DEVORADA POLA FÓRMULA Os presos da cadea de Rebibbia son tan bos actores que ben merecen este filme. Un deles, Salvatore Striano, o intérprete de Bruto nesta versión carcelaria de Xulio César, láiase nunha escena dos seus atrancos cun parlamento: “se presento mal esta liña, terei problemas”, reflexiona. “Entendo o que Shakespeare trata de dicir, mais como llo podo transmitir ao público?”. A súa preocupación revela unha das claves de Cesare deve morire,... Ler máis