CINEMA JOVE 2015. UNHA LOITA (DENDE O PRESENTE) CONTRA O “CALQUERA TEMPO PASADO FOI MELLOR”

‘Emek’ foi o filme vencedor da sección de longametraxes. Antes que nada, insistir ao lector que non se asuste ante o título (se cadra demasiado pesimista), e que o interprete como algo positivo, no sentido (pode que heroico) de fortaleza e aguante que manifestou o festival a pesares dos moitos reveses que lle deu o paso do tempo, un tempo que en moitas ocasións (se cadra na maioría) viña disfrazado en forma da institución dominante. O pasado 19 de xuño tivo... Ler máis

EQUIPA (27)

Oito anos de crise económica non son unha mala experiencia pasaxeira, é a nova orde das cousas, unha dose sostida de desigualdade cunha función moi precisa: evitar a redistribución da riqueza nas sociedades do benestar. O cinema tardou moito en representar este proceso, mais a estas alturas xa hai unha manchea de filmes sobre o tema que cómpre analizar. Emporiso, queremos adicar a nosa vindeira Panorámica a interpretar as súas imaxes e discursos, porque configuran, dun... Ler máis