‘NÓS POR CÁ…’ AS CAUSAS DO DESENCANTO DO POBO (E DO CINEMA) PORTUGUÉS

Ler a versión orixinal en portugués deste artigo. Este texto pretende discutir e reflexionar sobre o filme As Mil e Uma Noites (Miguel Gomes, 2015) nunha caste de diálogo coa historia cultural portuguesa e tamén coa historia e a situación actual do cinema portugués. Para unha breve arqueoloxía da idea da crise en Portugal A idea da crise é unha presenza recorrente na historia portuguesa: a propia fundación do país naceu dunha crise familiar protagonizada polo infante... Ler máis

IMAXES DE PROTESTA, PROTESTA DAS IMAXES

OPINIÓN PÚBLICA E CINEMA DOCUMENTARIO · O maior éxito das mobilizacións cidadás dos últimos meses está sendo devolver o debate político ás prazas de todo o estado, recuperando o espazo público tanto no plano físico coma no conceptual: á ocupación do territorio seguiulle a invasión do espazo mediático por discusos alternativos ao oficial, demostrando co discurso político e o sermón dos tertulianos rara vez casa coa opinión real da sociedade. Nesta caste de loitas... Ler máis

A LIBERDADE DE CHAMAR ÁS COUSAS POLO SEU NOME

Do mesmo xeito que Umberto Eco ofrecía en 1977 unha didáctica e esclarecedora disertación de Como se fai unha tese1, o investigador Manuel Trenzado Romero ofrece unha modélica disertación de como abranguer unha colosal investigación socio-cinematográfica na súa obra Cultura de masas y cambio político: El cine español de la transición, publicada polo CIS en 1999. Este exhaustivo estudo é unha referencia bibliográfica magnífica para indagar naquel transcendental intervalo... Ler máis