A COR VERMELLA EN LÅT DEN RÄTTE KOMMA IN

En todo o filme o que aparece dentro do cadro está pensado, é intencionado e ten un motivo. Desde a iluminación dunha escena, o ton do filme e as súas personaxes. Con isto, no filme sueco Låt den rätte komma in (2008) o realizador Tomas Alfredson empregou a cor vermella como elemento narrativo relacionándoo coa personaxe de Eli e invadindo así a cor do decorado ou o vestiario dos personaxes cos que ela interactúa, ou sobre os que vai a influír tanto positiva como negativamente.... Ler máis

FORCE MAJEURE, de Ruben Östlund

-It just sounds very strange, when we say it in English, an ‘avalanche’ [“Soa raro cando o dicimos en inglés, unha avalancha”] ¡Papá, papá! Ebba (Lisa Loven Kongsli) e Tomas (Johannes Bah Kuhnke) son un matrimonio sueco de vacacións que quedaron para cear cunha compatriota e co seu novo amigo norteamericano. Co anterior diálogo, Ebba interrompe o relato parcial que seu home está a facer do que lles ocorreu esa mesma mañá. O acontecemento foi brutal: mentres... Ler máis