BONG JOON-HO: VIVISECCIONANDO O “MONSTRO” DA PANTALLA COREANA

“Esta vez fai que pareza real… como nas películas” inspector Park Doo-man -Song Kang-ho- en Memories of Murder O ano 2003 marcou, sen ningunha dúbida, un antes e un despois na historia do cinema coreano. Non tanto pola propia historia cinematográfica de Corea do Sur, que xa contaba cunha longa tradición, como pola acollida que as pantallas occidentais comezaron a facer das producións chegadas do país asiático. Por suposto, quedaba moito camiño por percorrer (aínda... Ler máis

O HAN NO CINEMA SURCOREANO

Ban Ki-Moon a ritmo de Gangnam Style, os omnipresentes móbiles Samsung, a incipiente presenza do kimchi nos bufetes asiáticos, a ameaza de guerra nuclear de Kim Yong-un… Como rezaba a reportaxe central de El País Semanal do pasado 8 de setembro: “Corea del Sur. La próxima invasión”. O cinéfilo ri co titular, porque iso de que a cultura popular do país non estivera moi presente ata agora no noso, como que non é moi exacto1. 2003: Memories of Murder (Bong Joon-ho)... Ler máis

PREOCUPACIÓNS E REFLEXIÓNS SOBRE A PRODUCIÓN DE CINEMA SURCOREANO DO 2013

Kim Ki-duk presentando o seu novo proxecto, 'Moebius'. En Asia, a histórica dispoñibilidade á boa e non tan custosa tecnoloxía fixo que o uso dos aparellos electrónicos se sitúe no centro da vida e que o rexistro e posterior reporte das actividades cotiás sexan a norma, xerando unha abafadora naturalidade coa que o normal da poboación domina a técnica. Sumado á consolidación a fins dos 90 dun cinema nacional grazas, principalmente ao establecemento do Busan... Ler máis