EQUIPA (36)

Na última tempada de Twin Peaks (David Lynch e Mark Frost, 2017 – ) as liñas entre o pasado e o futuro torcéronse abrindo novos camiños que, de seguro, marcarán o cinema que está por vir. O pasado dicta o futuro, efectivamente; mais tamén o presente ten algo que dicir ao respecto. A Cuarta Parede non é allea aos cambios que conleva o paso do tempo, polo que decidimos modificar a nosa estrutura para garantir a vitalidade deste proxecto que comezou alá polo 2011. A... Ler máis

CINEUROPA 2016: CONTRA OS ESPECTADORES CARTESIANOS

Un ano máis, e van 3 décadas, Cineuropa encheu a Rúa Nova de Santiago de Compostela de colas infinitas agardando o pase da nova de Xavier Dolan e conversas sobre os referentes bíblicos de O Ornitologo (João Pedro Rodrigues, 2016). Máis de 300 títulos nun certame imposible de abarcar na súa totalidade ao que, este ano, uniuse a sala de cinema NUMAX, que xa é a referencia do cinema en Santiago. Entre os títulos, coñecidos referentes (Eugene Green, Whit Stilman, François... Ler máis

CINECLUBE DE COMPOSTELA: POLÍTICA DA RESISTENCIA

Esta organización, activa desde o 2001, non é tan só unha sala de cine cunha programación semanal, senón que atopamos que a súa actividade esténdese alén da súa sede no Pichel compostelán. Por iso, transformamos a Política dos Autores dos Cahiers na Política da Resistencia, onde non é a individualización do creador o que conta senón a defensa do colectivo, para definir as características que fan ao Cineclube de Compostela un dos referentes da acción política... Ler máis

FRANKENSTEIN 04155, de Aitor Rei

  Dous anos despois do accidente de Angrois, a verdade sobre o acontecido na tarde do 24 de xullo segue a ser unha incógnita. Ao silencio e as medias verdades do poder político, únese a lentitude da burocracia que semella querer afogar en longos lapsos temporais de espera o desexo de xustiza. É aquí onde xorde o cine. É aquí onde xorde Frankenstein 04155. No cine non existen longos períodos de espera; no cine a xustiza atopa o acougo que hoxe máis que nunca, nunha sociedade... Ler máis

PROCESOS#18 – JONÁS TRUEBA

Jonás Trueba (Madrid, 1981) é un dos directores máis renovadores do panorama español actual. Logo de debutar en 2010 na longametraxe con Todas las canciones hablan de mí, unha película xeracional sobre a dificultade de manter viva unha longa relación de parella, volveu este ano á carga con Los ilusos. Un filme moito máis libre, sen guión tradicional, que mestura actores profesionais con outros amateur, no ambiente do Madrid cinéfilo no que el se move día a día. Unha... Ler máis

OS CINÉFILOS GALEGOS, Á PROCURA DE SALAS

Meu tío conta nas comidas familiares a mesma historia, como unha vez ao ano, para seguir a tradición. De como a miña nai o levou ver un tostón de filme lentísimo, que non acababa máis. A experiencia debeuno deixar traumatizado, pois décadas despois, ese recordo segue vivo na súa memoria. Polo que din, era unha de Bergman. Non están seguros, mais cren que El manantial de la doncella (1960). Sempre gustei desa historia, porque como cinéfilo posmoderno (ou algo así), nunca... Ler máis

“É ALUCINANTE COMO PODEN ANESTESIARSE AS LEMBRANZAS”

Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas forman parte, dende hai anos, do Cineclube de Compostela, unha iniciativa cultural de referencia en Santiago, que ofrece periodicamente unha boa ración de filmes nunha modesta sala. En 2012, ambos os dous estrearon Fóra, un filme documental que reflicte a historia do Hospital Psiquiátrico de Conxo, a partir de tres momentos emblemáticos: a súa fundación, en 1885, o conflito sindical desenvolvido nos anos da II República e, especialmente,... Ler máis

OS FESTIVAIS FRONTE A REVOLUCIÓN DO NOVO PÚBLICO

Cineuropa analiza no seu 25º aniversario os desafíos das mostras ante un “cambio de paradigma” provocado pola transformación da difusión do cinema, a madurez cinematográfica dos espectadores e a crise económica. “Para que ten que servir un festival? Para ver boas películas, si. Pero hoxe en día, para ver boas películas, hai moitas maneiras. Agora, hai moitísimos cinéfilos ben formados e informados con acceso case inmediato a calquera filme. Os festivais non poden... Ler máis