LA LOI DU MARCHÉ, de Stéphane Brizé

O director francés Stéphane Brizé, a través dun cinema íntimo, sen efectos nin adornos, un cinema ausente de luz artificial e música trasládanos dun xeito moi realista a una situación non moi lonxana da realidade económica actual, un drama social causado pola crise. De feito, atreveríame a decir que consigue levarnos ao punto máis abominable dos problemas do presente, unha relación causa-efecto dentro dun círculo vicioso do que é o mercado laboral e os problemas... Ler máis

BILL DOUGLAS: FILMAR SOBRE A MEMORIA

Entre 1972 e 1978 o cineasta escocés Bill Douglas asina unha triloxía sobre a infancia composta por tres filmes de importante carga autobiográfica que se moven nos lindes da imaxinación, a memoria e o realismo. My Chilhood (1972), My Ain Folk (1973) e My Way Home (1978) compoñen unha obra de extraordinario rigor formal que, a través de pequenas escenas do cotiá de Jamie, alter-ego do propio Douglas, nos achega á primeira etapa vital do cineasta, desenvolvida na máis... Ler máis