(S8) MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO 2020: O XARDÍN SECRETO

Non é certo que quedásemos sen primavera. S8 puxo todos os medios na súa onceava edición para devolvérnola en forma de cinema periférico este outubro: e a quen non lle gusta que lle regalen flores? Este Xardín Secreto trouxo consigo os aromas esquecidos durante o confinamento e encheu a sala co exuberante dun cinema que non pretende endosar etiquetas. Un xardín colectivo, o desta edición, do que sacar un ungüento diferente de cada sección. Afeitos a sorprendernos co... Ler máis

“MÁIS QUE UN CINEASTA, SON UN CAMARÓGRAFO E UN OPERADOR DE PROXECCIÓN”

A (S8) Mostra de Cinema Periférico permitiunos este ano descubrir a figura de Claudio Caldini (Bos Aires, 1952), unha das principais voces do cinema experimental arxentino, reivindicado non fai moito no seu país e, de alí, ao mundo. O que máis impactou nestas sesións foi quizais a capacidade do artista para dotar de múltiples lecturas as súas películas, proxectándoas en ocasións en forma de tríptico ou superpostas. Unha experiencia sensorial que deixou a moitos “mesmerizados”. Da... Ler máis

(S8) 2013: CONDENSAR, MEDRAR

Nunha mostra na que o carácter performativo das sesións é o principal atractivo, a intervención no espazo resulta fundamental. Por iso as dúas primeiras edicións do (S8) Mostra de Cinema Periférico, celebradas no antigo cárcere d’A Coruña, tiveron algo máxico ou romántico, con certo pouso político. O pasado ano, o evento trasladouse forzosamente ao Centro Ágora, moi lonxe do centro da cidade, mal comunicado; edificio gris e sen personalidade, que restou impacto... Ler máis