SEFF 2013 (1/2): UN ARQUIPÉLAGO CONTINENTAL

Todo bo festival debe partir dun concepto sólido, e neste caso o Festival de Cinema Europeo de Sevilla fixo do xentilicio a súa bandeira. Que é daquela o cinema europeo? Ante todo, a xulgar polos títulos da sección oficial, é un arquipélago de illas que vén determinado pola colleita dos principais festivais do ano: dos dezaoito filmes en competición, oito procedían de Cannes, cinco de Venecia, dous de Berlín, un de Locarno e outro máis de Karlovy Vary, deixando marxe... Ler máis

PALMARÉS PUNTO DE VISTA

Gran Premio PdV ao mellor filme Foreign Parts (Véréna Paravel e John Paul Sniadecki, EUA, 2010) O cinema etnográfico perdeu a súa inxenuidade con Cronique d’un été (1960), cando Jean Rouch e Edgar Morin viraron a súa cámara cara a sociedade francesa para fender a barreira entre ‘nós’ e ‘os outros’. Un par de décadas despois, Dennis O’Rourke dáballe voz aos aborixes de Papúa Nova Guinea en Cannibal Tours (1988) para que se queixasen da actitude altiva dos... Ler máis