TEEN SPIRIT, de Max Minghella

O actor Max Minghella, coñecido especialmente pola súa interpretación de Divya Narendra en The Social Network (David Fincher, 2010) ou de Nick Blaine en The Handmaid´s Tale (Bruce Miller, 2017), atreveuse esta vez coa dirección. O británico púxose detrás da cámara, seguindo os pasos do seu pai Anthony Minghella, para realizar este filme escrito por el que ten lugar na Illa de Wight, a máis grande de Inglaterra onde, precisamente, naceu o seu proxenitor. Teen Spirit presenta... Ler máis

COLOSSAL, de Nacho Vigalondo

Producida no 2016, Colossal (Nacho Vigalondo) tardou un ano en conseguir distribución en España a pesar dos máis de 3 millóns de dólares recadados en EUA e de contar cunha estrela do talle de Anne Hathaway entre o elenco. A historia, que combina romance e trazos que lembran a filmes da saga Godzilla, agocha no seu interior unha realidade monstrosa e dura que cómpre dixerir e analizar. Cando Gloria rompe co seu mozo, volver ao fogar da súa infancia semella a mellor opción... Ler máis