PO NO HORIZONTE

Pero… de onde saen todos eses coches? Esa é unha das preguntas máis frecuentes durante os debates posteriores a unha proxección de Hamada. E esa foi precisamente unha das primeiras cousas que me chamaron a atención durante a miña primeira visita aos campamentos de refuxiados saharauis de Tindouf. Como chegaron todos eses vehículos ata unha das zonas máis remotas do deserto do Sáhara?* Era a primavera de 2014 e eu deixara o meu traballo en Estocolmo para marchar... Ler máis

DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (II/II)

Esta crónica é a segunda parte da que publicamos aquí. Soon-Mi Yoo logra en ‘Songs From the North’ trazar un interesante retrato de Corea do Norte mediante imaxes de arquivo. Historias en minúscula Esa vontade de repasar a historia en maiúsculas está aínda noutros filmes da selección, mais dende o persoal, unha sorte de metáfora do eu. Como xa mencionaramos na crónica do FID Marseille, Marie Voignier realiza en Tourisme international (2014) unha visita a... Ler máis