ENSAYO FINAL PARA UTOPÍA de Andrés Duque

POR MÁIS QUE PASE O TEMPO, A ALMA NON CAMBIA A vida dos mortos está na memoria dos vivos. Cicerón . Ultimamente, cada vez que vexo unha película de Andrés Duque invádeme a tentación de carga-lo meu zurrón cun bloc de notas, un caderno de debuxo e calquera tipo de cámara, e, emulando ao avó de Jonasson, saltar pola fiestra e liscar. “Pais, non me agardedes espertos, vou onde me leve o vento”, escúsome mentres saqueo a neveira. Voar, voar, voar! O cinema de Andrés... Ler máis

RETRINCOS DE VIDA, ALQUIMIA E CÓDIGOS BINARIOS: UN SERÁN CON ANDRÉS DUQUE

“En un lugar de L’Eixample, de cuya dirección no quiero acordarme…” Experimento un deses déjà vu que tanto nos abraian e desconcertan. Acabo de acceder ao vestíbulo do cuarto dereita, que á súa vez divide un longuísimo corredor no que, malia seres a primeira vez que poño un pé naquel edificio, teño a sensación de teres estado antes. O vestíbulo é a única zona iluminada. Á miña esquerda, o corredor pérdese nunha estanza na que creo distinguir un... Ler máis

POLÍTICO, POÉTICO, CRIMINAL

Abriuse oficialmente esta sétima edición de Punto de Vista, Festival Internacional de Cine Documental de Navarra, coa presencia do cineasta francés Nicolas Philibert arroupando a presentación en España do seu último filme, Nénette. Durante a súa introdución, Philibert deixounos unha observación que nos vai a acompañar coma un mantra ao longo destas liñas (crónica desigual e subxectiva, irremediablemente incompleta, do visto, ouvido e sentido durante pouco máis ou... Ler máis

PALMARÉS PUNTO DE VISTA

Gran Premio PdV ao mellor filme Foreign Parts (Véréna Paravel e John Paul Sniadecki, EUA, 2010) O cinema etnográfico perdeu a súa inxenuidade con Cronique d’un été (1960), cando Jean Rouch e Edgar Morin viraron a súa cámara cara a sociedade francesa para fender a barreira entre ‘nós’ e ‘os outros’. Un par de décadas despois, Dennis O’Rourke dáballe voz aos aborixes de Papúa Nova Guinea en Cannibal Tours (1988) para que se queixasen da actitude altiva dos... Ler máis