20.000 especies de abejas, de Estíbaliz Urresola

20.000 especies de abejas, de Estíbaliz Urresola Non é doado falar das infancias trans. E máis aínda neste momento, á sombra dos debates xurdidos en torno á nova Lei Trans e ao dereito á autodeterminación. Córrese o risco cando se constrúe unha narrativa en torno á realidade da infancia trans de converter todo nun exercicio violento de fetichización e deshumanización, ou nunha palmada nas propias costas, unha afirmación do consciente e moderna que é unha. Saber... Ler máis

Berlinale 2023 (III): a historia dun naufraxio

Perpetrator, de Jennifer Reeder O segundo filme galego en se presentar nesta Berlinale foi Sica (Carla Subirana, 2023). Primeira longa de ficción para unha directora xa experimentada no documental, conta a historia da rapaza do título, unha adolescente que vaga polos acantilados da Costa da Morte obsesionada con atopar o corpo do seu pai, presuntamente afogado nun naufraxio. Como metáfora de que a negación é a primeira fase do loito, Subirana decide mostrarnos a Sica na escena... Ler máis

Locarno 2022: Non é certame para vellos

Stella est amoureuse (Sylvie Verheyde, 2022) Permítaseme iniciar esta crónica cunha confesión: creo que non hai xénero máis numeroso e habitualmente mediocre nos festivais de cinema que as historias coming of age. Por algún motivo, lexións de cineastas cren que contar o que lles pasou na adolescencia debe interesar á cinefilia mundial, como se fosen as únicas persoas que pasaron por desamores, descubriron o sexo a esa idade, tomaron conciencia política e tutti quanti.... Ler máis

MONOS, de Alejandro Landes

A perda da inocencia e o paso da adolescencia á etapa adulta son temas ben habituais no cinema contemporáneo. Este período corresponde co descubrimento da identidade dun mesmo e a conformación do adulto que, de aquí en diante, será responsable de si mesmo e das súas accións. Se ben abonda pensar apenas uns segundos para atopar referentes neste sentido, hai outros filmes que tamén se achegan a este ‘coming of age’ desde unha visión bastante máis arriscada. Este... Ler máis

MID90S, de Jonah Hill

Hai unha clase de filmes, os chamados coming of age, nos que acudimos como espectadores a un proceso de madurez, crecemento ou aprendizaxe dun protagonista que vive unha época de cambios. No caso de Mid90s (Jonah Hill, 2018), ese protagonista é Stevie, un rapaz de trece anos que vive nun barrio obreiro de Los Angeles a mediados dos anos 90. Stevie ten que lidiar no seu día a día cunha nai ausente e un irmán violento que abusa del. Interésase polo mundo do skate e atopa... Ler máis

LADY BIRD, de Greta Gerwig

Para unha peli indie, verse catapultada á tempada de premios é unha arma de dobre gume. Dunha banda, entra noutra liga e consegue máis atención da que xamais obtería por méritos propios, garantindo mesmo unha carreira comercial internacional. Doutra banda, corre o risco de verse reducida a unha narrativa promocional, encorsetada no oco que ocupa entre as restante candidatas, valorada só como contendente e non como entidade. Especialmente perigosa é esta dinámica para... Ler máis

CURTOCIRCUITO 2016: A VOLTAS COA IDENTIDADE

Fotografía: Curtocircuito Atopar a identidade non é sempre un proceso de diferenciación. Moitas veces trátase de aprender a convivir coa nosa verdadeira personalidade, descoñecida ou ocultada para non caer baixo o xuízo dunha moral caduca. Outras, a identidade é o conxunto dun traballo social onde cada persoa aporta un grao de area. Mais a identidade tamén pode ser o paso final dun proceso de creación; o resultado dunha imaxe que se leva artellando paso a paso durante... Ler máis