CURTAS 2015: A FORZA DA FICCIÓN

Non son tempos para a contención. Podería ser outro titular. Hai dez, quince ou vinte anos, películas como Los lunes al sol (Fernando León de Aranoa, 2002) ou Sweet Sixteen (Ken Loach, 2002) parecían vehicular o sentimento combativo dunha época na que a clase obreira semellaba ser a outra. Concepto pasado de moda, dicían moitos, o certo é que a imperante clase media miraba para os parados e as familias disfuncionais case coma un obxecto de estudo antropolóxico. O cinema... Ler máis

CINEASTA EMERXENTE? BERLINALE TALENTS

Os festivais de cinema son unha plataforma, en moitos casos, para atopar co-produtores ou fondos para financiar un filme. A maioría de certames de clase A contan con eventos paralelos ou bolsas que facilitan a realización de películas ou, cando menos, achegan unha axuda para rematalas. A Berlinale non podía ser menos. De feito, o volume destes cursos, encontros, bolsas e demais para novos realizadores – ou profesionais en xeral, hai 12 categorías ás que presentarse –... Ler máis