14ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO: TESTEMUÑAS DO SEU

Fotografía: Denís Estévez Esta edición da MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico), organizada polo Museo do Pobo Galego, ten unha vez máis unha grella digna de aplauso na Sección Oficial ao traernos máis películas – este ano son 16 as seleccionadas – e, como non, máis ganas de espertar conciencia. Se algo é necesario nestes tempos de adormecemento é axitar mentes; desde logo, o cine ten unha forte vocación para iso e dáme a impresión de que... Ler máis

PROCESOS#22 – NUMAX, AFASTANDO A DERROTA

Dende este 18 de marzo, o centro de Santiago volve ter unha sala de cinema. Concretamente, unha sala de cinema independente, en versión orixinal e xestionada por unha cooperativa cultural sen ánimo de lucro, que tamén funciona como librería e laboratorio de deseño e creación audiovisual. No número 9 da rúa Concepción Arenal, cunha proxección de Nubes pasaxeiras subtitulada en galego, nace NUMAX, un proxecto que o propio Aki Kaurismäki definiu así: “O mal non pode... Ler máis