LAS LETRAS DE JORDI, de Maider Fernández Iriarte

Comezar falando dunha película coma unha pequena fiestra que nos amosa anacos dun mundo máis ou menos grande, podería parecer unha valoración manida ou pouco ousada. Despois de todo, o cine sempre foi unha porta a novas realidades. Sen embargo é a definición que máis xustiza lle fai ao que nos poderemos atopar en Las letras de Jordi, a ópera prima da directora vasca Maider Fernández Iriarte. Da man da cineasta e a súa cámara, imos entrando pouco a pouco no mundo de... Ler máis

SPAGHETTIS À LA BOLOGNAISE

A interacción dos personaxes coa comida ocupa un rol bastante visible e importante durante o desenvolvemento da película La Vie d’Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013). Este videoensaio tenta seguir este fío condutor, marcado sobre todo polos espaguetis e as ostras, para explorar o mundo interior da protagonista Adèle. Os espaguetis boloñesa era a comida que a nai de Adèle mellor dominaba e reunía a familia á hora da cea. Con todo, durante este momento de reunión... Ler máis

MULLERES NO CINEMA: DO DEREITO Á MEDIOCRIDADE Á EMANCIPACIÓN FEMININA

Só un 19% dos filmes producidos en España son dirixidos por mulleres. En todos eles, só o 36% teñen protagonistas femininas. Disto tamén falan Noelia Álvarez e Nazaré Estévez no seu ensaio ‘Análise da representación da muller no cinema español da última década‘, gañador do Premio ao mellor Ensaio Escrito Internacional dos I Premios María Luz Morales de investigación audiovisual. O documento arroxa luz sobre a necesidade dun discurso de xénero na análise... Ler máis

ADIEU AU LANGAGE, de Jean-Luc Godard

A era da comunicación non garante o contacto. David Refoyo, Amor.txt. Non vemos máis que imaxes por todas partes, mais non ves unha soa imaxe que che fale. Jean-Luc Godard O animal estaría en última estancia privado da palabra, desa palabra que se denomina nome. Jacques Derrida. A utopía da linguaxe paratáctico Quizais xa ninguén se lembre, mais en Film Socialisme (Jean-Luc Godard, 2010), “ese filme que tentaba liberar as cousas do nome que lles puxemos”, xa estaban... Ler máis