NOVOS CINEMAS, NOVOS VERÁNS
Conscientemente, ou non, entre os filmes seleccionados nas diferentes seccións do festival Novos Cinemas, aparece o verán coma un tema, ou un escenario, recurrente. Ao longo de varias cintas o verán érguese coma esa suspensión do tempo na que a vida reduce a súa velocidade e permítenos observar todo con máis calma. Tamén un momento no que os días alónganse e parecen separarse do tempo mesmo, provocando a ilusión do nacemento dunha especie de liña temporal alternativa... Ler máis
CARLA ANDRADE: “SEMPRE DEIXO UNHA MARXE PARA O ERRO E A SORPRESA”
Cunha dilatada carreira como fotógrafa, a pesares da súa xuventude, Carla Andrade vai facéndose un oco na listaxe de novos cineastas galegos. Incansable viaxeira, a viguesa prepara o que será o seu primeiro traballo cinematográfico en solitario que a levou de Nepal a Chile e do que puido verse un pequeno adianto o mes pasado no (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña. Inquietudes filosóficas, poéticas e estéticas fúndense na obra dunha artista que se atreve con... Ler máis
JOURNEY E O DIÁLOGO ENTRE OS VIDEOXOGOS E O CINEMA
A xente viaxa e asómbrase ante a altura das montañas, ante as enormes ondas do mar, ante os longos cursos dos ríos, ante os vastos límites do océano, ante o movemento circular das estrelas, e pasan por diante de si mesmos sen sorprenderse. San Agustín de Hipona ‘The Stanley Parable’, un dos xogos máis representativos da nova narración emerxente. A débeda dunha xeración Ás veces unha xeración ten unha débeda co seu século pola cal asiste, cunha estraña... Ler máis
DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (I/II)
É posible que esteamos a vivir un cambio de paradigma político a nivel internacional, e non sabemos que resultados terá. Moitos cineastas parecen intuílo e, dende o rexistro urxente, están a documentar estes cambios dificilmente definibles. O ano 2014 está a ser especialmente rico neste eido, e o Doc Lisboa soubo verdadeiramente identificar este pulso. É unha tendencia que mira tamén ao pasado, pois a historia pode ensinarnos moito das turbulencias da actualidade política.... Ler máis
DOC LISBOA 2013 (2/2): UN DIARIO TÁCTIL
A segunda grande tendencia do Doc Lisboa 2013 (primeira crónica aquí) foi o diario filmado. O vencedor desta edición, Joaquim Pinto e a súa E Agora? Lembra-me (2013) estaba na boca de todos, para ben ou para mal, pois esta longa do mítico deseñador de son, ante todo, non deixa indiferente. Ao longo de algo máis de dúas horas e media, Pinto analiza todos os costados da súa experiencia co sida, e como iso impacta na súa vida persoal, especialmente na relación de parella.... Ler máis
DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA
Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente, imposible ver todo, tópico que se di en case todos os certames, pero aquí non esaxeramos.... Ler máis
SOBRE A OBRA PAISAXÍSTICA DE LOIS PATIÑO
Alguén ten que dicilo: unha boa parte do cinema observacional paisaxístico é esteticamente romántico, topicamente antimoderno e teóricamente erróneo. A obra de Lois Patiño, influenciada por nomes asociados a esta corrente (Peter Hutton, James Benning ou Sharon Lockhart), peca tamén das tres cosas. Romanticismo Lois Patiño sinala que a pintura romántica foi determinante á hora de amosar a relación entre a paisaxe e o home nalgunhas das súas obras. En case todas elas,... Ler máis
FID MARSEILLE 2013: UN FESTIVAL FALADO
O FID Marseille deste ano trazou un mapa de tendencias diverso e moi estimulante. Por esta razón, decidimos dividir a nosa crónica en dúas partes, para poder dedicarlle o espazo que merece a cada unha delas. Esta primeira céntrase na relación dos filmes coa palabra e no carácter performativo de moitas das propostas. Seguirá outra que indague na exploración visual dalgúns dos títulos seleccionados e no interese do certame polo teatro. Lech Kowalski levou tres premios... Ler máis
“ICEBERG É FRÍA E CONTEMPLATIVA, NON QUERÍA QUE A XENTE SE APIADASE DOS NENOS”
Con xuño chega o verán, e con el a tempada de cinema comercial nas salas. Aínda que non en todas. A mediados de mes os españois terán a oportunidade de comprar a súa entrada para ver unha das películas máis interesantes do ano: Iceberg, do salmantino Gabriel Velázquez. Trátase dunha obra silenciosa que che berra ao oído sen apenas falar. Contemplativa ao máis puro estilo da vangarda sueca, a cinta entrelaza as vidas de catro adolescentes coa auga do río que baña... Ler máis