Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica en formato podcast’

Nos últimos anos, o mundo dos podcasts experimentou un auxe sen precedentes, converténdose nun dos formatos máis consumidos a nivel mundial. Como non podía ser doutro xeito, dentro da inmensa variedade de contidos que ofrece este modelo de comunicación, atopamos numerosas iniciativas de ámbito nacional e internacional centradas na crítica de cinema, que aproveitan as particularidades do medio para abrir camiños e conectar con novos públicos. Sempre dispostos a explorar... Ler máis

ABERTA A INSCRICIÓN PARA O SEMINARIO A CRÍTICA EN IMAXES

Crítica de cinema e creación son camiños que cada vez corren máis paralelos. Por iso, e continuando unha vontade que comezou no IV Seminario de Crítica que tivo lugar en Play-Doc, os videoensaios volven a centrar o noso discurso arredor das novas formas de ollar cara a crítica de cinema. Ante un cinema cada vez máis diverso, precisamos ferramentas máis potentes que as letras para falar del: precisamos falar de imaxes desde as imaxes. O videoensaio xorde como un novo campo... Ler máis

CINEASTA EMERXENTE? BERLINALE TALENTS

Os festivais de cinema son unha plataforma, en moitos casos, para atopar co-produtores ou fondos para financiar un filme. A maioría de certames de clase A contan con eventos paralelos ou bolsas que facilitan a realización de películas ou, cando menos, achegan unha axuda para rematalas. A Berlinale non podía ser menos. De feito, o volume destes cursos, encontros, bolsas e demais para novos realizadores – ou profesionais en xeral, hai 12 categorías ás que presentarse –... Ler máis