CURTAS 2015: A FORZA DA FICCIÓN

Non son tempos para a contención. Podería ser outro titular. Hai dez, quince ou vinte anos, películas como Los lunes al sol (Fernando León de Aranoa, 2002) ou Sweet Sixteen (Ken Loach, 2002) parecían vehicular o sentimento combativo dunha época na que a clase obreira semellaba ser a outra. Concepto pasado de moda, dicían moitos, o certo é que a imperante clase media miraba para os parados e as familias disfuncionais case coma un obxecto de estudo antropolóxico. O cinema... Ler máis

FOXCATCHER, de Bennett Miller

Adestrando raposos É común que pasen pola carteleira filmes que se alzan como un punto de inflexión na filmografía dun cineasta mediocre até o momento ou dun actor de rexistros limitados. A listaxe de exemplos sería inacabábel. Máis difícil sería atopar obras que supuxesen unha considerábel mellora tanto para o seu director como para parte do elenco, todo á vez e Foxcatcher (Bennett Miller, 2014) entraría de cheo dentro dese pequeno inventario. O propio Bennett Miller... Ler máis

LA FILLE DE NULLE PART, de Jean-Claude Brisseau

Na edición de 2012 do Festival de Locarno, un xurado presidido polo cineasta tailandés Apichatpong Weerasethakul réndese ante La fille de nulle part, peza aparentemente pequena, mesmo de factura amateur, que aos poucos vai despregando as preocupacións esenciais dun cineasta que, unha e outra vez, se interroga pola natureza da existencia humana. A lene liña argumental da fita preséntanos a Michel, un profesor de matemáticas (interpretado polo propio Jean-Claude Brisseau)... Ler máis

GUNVOR NELSON: A CINEASTA INESPERADA

Ás veces un vai a un concerto, e resulta que o ‘telonero’ convértese na estrela. Non é que toque peor que a banda principal, simplemente é menos coñecida. E, dende ese momento, non podes deixar de seguir a ese grupo, escarvas en Internet para ver que outros temas teñen. Esa foi a sensación que nos deixou a cineasta sueca Gunvor Nelson a moitos no pasado Festival de Cinema Europeo de Sevilla (SEFF). Nun certame ateigado de boas cintas de actualidade, relucía... Ler máis

SITGES 2013 (2/4): QUE A VERDADE NON CHE ESTRAGUE UNHA HISTORIA

“Repite unha mentira mil veces ata que se converta en realidade” Joseph Goebbels Diciamos na primeira crónica deste Sitges 2013 que o determinismo fatal apropiouse de boa parte das propostas da selección. Os dous títulos máis representativos, Only Lovers Left Alive (Jim Jarmusch, 2013) e The Congress (Ari Folman, 2013), contiñan ademais unha clara reflexión sobre os mecanismos de control social a través do poder das historias. A primeira imaxina uns vampiros,... Ler máis

LOOPER, de Rian Johnson

VIAXES DE CULTO Na desintegración corporal que pareceu ocupar boa parte da selección de Sitges deste ano, cobrou especial importancia un filme tan irregular como atractivo: Looper, destinado a se converter nunha cinta de culto pola brillante e orixinal exposición dunha trama de viaxes no tempo ao uso, pero executada cun ritmo trepidante, e unha estética e narración adheridas a un estilo moi Novo Hollywood. Se puidésemos atopar un lugar en común entre a intensidade dramática... Ler máis

CORPOS EN DESINTEGRACIÓN

É curioso que a 45ª edición do festival de Sitges estivese dedicada á fin do mundo, grande tema do ano pasado, con filmes como 4:44 Last Day on Earth (Abel Ferrara, 2011) ou Melancholia (Lars von Trier, 2011); cando en realidade desta volta os temas que se advirten son outros e moi variados. O central (que ocupará esta primeira crónica dunha serie) é unha volta á fisicidade, entendida como ferramenta para falar da podremia que, como aos corpos dos protagonistas de Cronenberg... Ler máis