8ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO (S8): CAMIÑOS DO CINEMA GALEGO

Entre a resaca de festivais coma Cannes e o parón do verán nas citas cinéfilas, Coruña segue fiel á súa cita co cinema experimental. A Mostra de Cinema Periférico (S8) goza dun estado de moi boa saúde, como as súas cifras de asistencia poden amosar. E é que acadar un 90% de asistencia durante unha semana de proxeccións é un síntoma de que a liña de programación capitaneada por Ángel Rueda e Elena Duque chega a un público aberto a todas as expresións do cinema... Ler máis

ESQUECE MONELOS, de Ángeles Huerta

Mañá á noite estréase na Coruña Esquece Monelos (Ángeles Huerta, 2016) no Teatro Rosalía. Se trazásemos unha liña recta dende a parte posterior do edificio en dirección á lonxa do actual porto industrial, antes de que se construíran todos eses centros comerciais e auditorios que locen tan ben, poderiamos ter visto, máis ou menos a esa altura, a desembocadura do río que dá título a este filme. Digo máis ou menos porque, para as xeracións máis novas de coruñeses... Ler máis

CARLA ANDRADE: “SEMPRE DEIXO UNHA MARXE PARA O ERRO E A SORPRESA”

Cunha dilatada carreira como fotógrafa, a pesares da súa xuventude, Carla Andrade vai facéndose un oco na listaxe de novos cineastas galegos. Incansable viaxeira, a viguesa prepara o que será o seu primeiro traballo cinematográfico en solitario que a levou de Nepal a Chile e do que puido verse un pequeno adianto o mes pasado no (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña. Inquietudes filosóficas, poéticas e estéticas fúndense na obra dunha artista que se atreve con... Ler máis

“DIRIXIR É COMO TOCAR UN INSTRUMENTO. OU PRACTICAS, OU ESQUÉCELO”. ENTREVISTA CON FRANCISCO RAÑAL

Paco Rañal (Ferrol, 1967) é un licenciado en Física que deixou unha fonda pegada no audiovisual galego dos anos noventa. Cando o vídeo xa chegara pero ao dixital aínda non se lle esperaba, sorprendeu coa súa curtametraxe de debut, Coruña imposible (1995), unha peza escheriana e surrealista rodada cun premio da Escola de Imaxe e Son da cidade. Gañou tantos premios e pasou por tantos festivais que só nomealos enchería este espazo introdutorio, e demostrou que o cinema... Ler máis

(S8): LUZ ESPIRITUAL

Non facemos nestes inicios de 2013 un especial sobre a situación dos festivais de cinema en España por nada. O contexto da crise económica é o principal factor que está a mudar o chamado mapa de festivais, tendo que redimensionar eventos, suprimir seccións, baixar número de títulos, actividades paralelas, ou celebrarse cada dous anos (o caso de Punto de Vista, como nos conta Josetxo Cerdán, o seu director artístico, no debate que acompaña este artigo). Ante tal contexto,... Ler máis