SOL MUSSA: “FACER CINE É COMA PINTAR UN CADRO”

Nas súas dez edicións, a (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña apostou sempre de forma clara polo cinema experimental feito en Galicia. Sinais en curto ten sido o lugar de cita de autores xa consagrados, como Alberte Pagán, ou novas voces, como Lara e Noa Castro. Por isto, non é casualidade que nesta edición apareza o cinema de Sol Mussa (Vigo, 1996), unha xove directora con formación en Belas Artes, cunha potencia visual e narrativa envexable. Falamos con ela... Ler máis

EXILE, de Robert Todd

Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Un retrato: espazos cotiáns, velados a través de distancias de diferentes tipos, vivindo dentro das limitacións das nosas posturas fixas. (Robert Todd) Os cineastas dos que tivemos a oportunidade de gozar neste festival, o (S8) Mostra de Cinema Periférico, teñen precisamente en común o uso dos espazos e obxectos cotiás como elementos cos que configurar o contido das imaxes... Ler máis

A FASCINACIÓN DO COTIÁ

Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 No ano 1975 a realizadora belga Chantal Akerman logrou o impensable: que o invisible resultase esencial. Jeanne Dielman marcou un antes e un despois na historia do cinema, ofrecendo unha representación absolutamente revolucionaria da rutina cotiá e o traballo doméstico a través da ollada feminina. Máis de 40 anos despois... Ler máis