THREE BILLBOARDS OUTSIDE EBBING, MISSOURI, de Martin McDonagh

Como se xestiona a ira? Con tan só tres películas na súa filmografía, o guionista, cineasta e dramaturgo Martin McDonagh leva recollidos -dende que presentara a súa oscarizada curtamretaxe Six Shooter en 2004- case cincuenta premios internacionais. A cifra crece de forma exponencial se nos centramos na listaxe de galardóns acumulados polo seu último filme, Tres anuncios en las afueras (Three Billboards Outside Ebbing, Missouri), o cal leva acumulados 116 recoñecementos... Ler máis

IDA, de Pawel Pawlikowski

A multipremiada longametraxe do director Pawel Pawlikowski foi, sen dúbida, un dos exercicios fílmicos máis interesantes do ano pasado. Con máis de medio centenar de galardóns ás súas costas sen que concluíse aínda a tempada de premios, Ida (2013) reflexiona desde o concreto sobre a historia recente de Polonia. A urxencia persoal do cineasta de explorar as súas orixes tomou forma no relato da noviza que dá nome ao filme, obrigada a saír ao mundo exterior para confrontar... Ler máis