WHERE TO INVADE NEXT, de Michael Moore
“O propósito destas viaxes é recoller as flores, non as herbas”, di Michael Moore nun intre da película. E é que Where To Invade Next (2015) é un exercicio de conciencia para os cidadáns estadounidenses, un test a un sistema que xa se ten probado como incompleto e cuxos erros son evidentes; para os que vivimos á outra beira do Atlántico, quizais é unha visión demasiado inxenua. Nesta última película, o director estadounidense acata as “ordes” dos Xefes do... Ler máis
BLUE JASMINE, de Woody Allen
ALLEN 2.0 É habitual escoitarlle dicir a Woody Allen que non gusta dos seus filmes, e que dirixe de maneira despreocupada, optando sempre pola posta en escena máis preguiceira. Hai un pouco de verdade e outro tanto de mentira nestas afirmacións. Isto vense confirmando nos últimos anos da súa carreira dun xeito moi evidente. Por unha banda, debemos precisar que o autor neoiorquino, máis que aborrecer as súas películas, quere melloralas. Os exemplos son diversos, ás veces... Ler máis
COSMOPOLIS, de David Cronenberg
A LIMUSINA DE ERIC PACKER Dentro, a caverna do demiúrgo. Fóra, un páramo habitado pola multitude, por aqueles que non son Eric Packer ou que non traballan para el. A partir desta dicotomía infranqueábel, Cosmopolis organízase arredor das sucesivas visitas de diferentes personaxes á limusina / trono / fogar do demiúrgo: a aparición de cada novo empregado disposto a renderlle obediencia ao seu amo implica, coma no teatro, un cambio de escena, de tema e de rexistro, coma... Ler máis